Derrota pola mínima do Grupo Lemaco diante do Teucro

SD Teucro 33 – Grupo Lemaco Xiria 32  (20-16)

As imprecisións defensivas do Xiria deron moitas facilidades ao ataque teucrista dende o inicio do encontro, recibindo demasiados goles do rival na primeira metade. Pese a elo, o Grupo Lemaco non lle perdeu a cara ao encontro e puido levarse a vitoria de non ser pola actuación arbitral.

Non funcionaba no inicio do encontro o centro da defensa do Xiria, e o Teucro unha e outra vez perforaba a meta do seu rival, o atino no ataque dos carballeses mantíñaos no encontro, nunha primeira metade igualada, onde na recta final os pontevedreses tiraban do marcador acadando a máxima diferenza de 4 goles.

Máis centrados na segunda metade, e conscientes de poder facerse co triunfo, os xogadores do Grupo Lemaco, amosaron un mellor nivel e maior intensidade na faceta defensiva, facían dano ao rival coa circulación e orden no ataque, anotando con facilidade. O partido igualábase no tramo final e incluso o Xiria poríase por diante a falta de 3 minutos 30 a 31, e con balón para incrementar e asegurar o encontro, pero como sole acontecer cada vez que o Xiria  visita a un equipo da cidade do Río Lérez, a imparcialidade arbitral abandona o terreo de xogo servindo en bandexa de prata a vitoria aos rivais.

SD Teucro 33 (20): David Rodríguez e Lois García (porteiros) Juan Estévez, Gonzalo Domínguez 3, Juan Piñeiro 6, Sergio Pérez, Mario Chan 7, Daniel Gómez 7, Javier Codina 4, Tomás Omil, Juan Castro, Uxío Vieites 1, Mario Pérez 5

Grupo Lemaco Xiria 32 (15): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 2, Alex Gómez 17, Iago Rincón 1, Renzo Díaz, Franco Rial 2, Brais Vila 4, Andrés Urbieta 3, Xurxo Díaz, Mario Rincón 1, Adrián Mesejo 1 e Mario Cancela 1.

Marcador cada 5 min: 4-3 / 9-5/ 12-9 / 15-12/ 16-15 / 20-16/ 23-19 / 24-22 / 26-24/ 27-26/ 29-29/ 33-22

Arbitraron César Carballo e Ángel  Villar, determinantes na derrota do Xiria, moi discutidos e protestados.

DSC_0317b DSC_0317 DSC_0316 DSC_0315 DSC_0313 DSC_0320 DSC_0308 DSC_0307 DSC_0322 DSC_0321 DSC_0311