Dobre enfrontamento do Hierros Varela Urbieta, con derrota e vitoria.

Hierros Varela Urbieta Xiria 27 – Balonmán Culleredo 30 (13-17)

Para rematar a Fase polo Título da Segunda División, o Xiria despedíase con dous partidos, recibindo o sábado ao Culleredo e o domingo ao Atlético Novás.

Na tarde do sábado medíase diante do Balonmán Culleredo, nun partido igualado onde pequenos detalles decantaban o encontro en favor do Culleredo. Máis metido dende o inicio o equipo visitante, conseguía gol en cada acción ao superar a defensa e porteiros carballeses, o Xiria tampouco tiña excesivos problemas de transformar as súas accións, pero por veces a precipitación daba opción de contras ao seu rival.

A segunda metade do partido foi de desgaste en onde as forzas foron fallando co transcorrer dos minutos, as defensas subiron de intensidade pola falta de rigorosidade arbitral, e unicamente funcionaban os contragolpes e accións rápidas. Os ataques en posición convertéronse en bruscos e lentos o que propiciaba numerosas perdas de balón. Tivo varias ocasións o Hierros Varela Urbieta de igualar no derradeiro tramo do encontro, pero un maior control de partido do Culleredo doulle a vitoria no encontro

Hierros Varela Urbieta Xiria 27 (13): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Carlos Varela 5, Aaron Rodríguez 2, Diego Rodríguez 2, Fernando Mallo 1, Pablo Esmorís , Franco Rial 5, Ivan Hernández , Alex Puñal 1, Xurxo Díaz 1, Javi Rodríguez, Manuel Varela 1 e Toni Calvelo 9.

Balonmán Culleredo 30 (17) Oscar Bello e Gabriel Vidal (porteiros)Brais Pérez, Samuel Delgado, Pablo Gómez 2, Daniel del Río, Pablo Gómez, Borja Cadaveira 4, Asier Blanco 12, Jaime Leira 2, Manuel Gómez 1, Marco García 6, Guillermo Seijo 1, Ramiro Rodríguez, Charles Zas, Francisco García e Adrián Díaz 2.

Arbitrou: Pedro Bermúdez, permitiu en exceso

Hierros Varela Urbieta Xiria 19 – Atlético Novás 18 (12-8)

O domingo a mañá, o enfrontamento medía ao Hierros Varela Urbieta ao Atlético Novás, si na primeira volta os rosaleiros facíanse coa vitoria pola mínima, desta vez foi o Xiria quen tras 60 minutos de igualdade vencíanos instantes finais.

Como ambos partidos tiveran compromiso o sábado a tarde, a falta de ritmo foi notoria, algo que plasmou o resultado curto do final.

Comezou dominando o encontro o Xiria, intensidade defensiva ante os continuos desdobramentos dos xogadores rivais, boa continuidade na circulación do balón para chegar a posicións óptimas de lanzamento. Catro goles ao descanso daban un pouco de oxíxeno aos locais en espera da segunda metade.

Volveu de vestiarios máis asentado o Novás, subiu o listón da súa defensa, compactándo e pechando o centro, obrigando ao Xiria a probar fortuna on lanzamenros dende o extremo onde apareceu o porteiro rosaleiro para secar aos extremos carballeses. Igualaba o encontro o Novás, sendo a tónica ata a derradeira acción onde o Hierros Varela Urbieta conseguía anota e facerse cos dous puntos.

Rematada esta Fase, onde queda de Campeón o Pabellón Ourense, o Xiria agardará pola competición de Copa.

Hierros Varela Urbieta Xiria 19 (12): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Carlos Varela 3, Aaron Rodríguez 1, Diego Rodríguez 2, Fernando Mallo 4, Pablo Esmorís , Franco Rial 2, Ivan Hernández , Alex Puñal 2, Xurxo Díaz , Javi Rodríguez, Manuel Varela e Toni Calvelo 5.

Atlético Novás 18 (8) Eladio Araujo e Andrés Alonso (porteiros) Nicolás Pérez 3, Rubén Pérez 4, Aitor Rodriguez, Raul Pereira, Marcos Pombal 3, Yerai Coimbra, Carlos González 1, Alejandro Dorado 6, Rubén López 1 e Mauro Alonso.

Arbitrou: Wallace Moreira, sen complicacións