Dous cadetes e tres infantís volven ás Seleccións Galegas de Balonmán

Alejandro Gómez e Mario Cancela, do Grupo Lemaco Xiria cadete e Martín Fuentes, Julián García e Esteban Puñal do Garaysa Xiria infantil volven a ser chamados pola Preselección Galega de Balonmán en cadansúa categoría.

Os cadetes adestrarán o domingo 19 de novembro ás 17:00 horas no Pavillón Multiusos de Pontevedra, mentres que os infantís o farán ás 17:00 horas no Pavillón Municipal O Gatañal de Cangas do Morrazo.

5