IMG-20170311-WA0017

Dous puntos importantes para o Garaysa Xiria no Gatañal

Partido denominado; de infarto, o disputado, este fin de semana polo Garaysa Xiria na pista do Luceros. O choque comezaba cos dous equipos querendo impor o seu xogo, o Luceros mandaba nos primeiros minutos 2-1; pero o Garaysa tiña as ideas claras; o plan ideado saíu á perfección. No minuto 5, puxéronse por diante 3 a 4, e cun traballo defensivo excelente e un ritmo moi altono xogo de ataque; conseguía pór diferenza de 5 goles, que de non ser polo gran partido do porteiro local, sería moito maior. O adestrador cangues obrigado a parar o partido, corrixía aos seus pupilos e conseguía frear o ritmo do Garaysa que nestes últimos minutos deixou achegarse perigosamente ao marcador, ao equipo local, que pelexaba sabendo que se non gañaban escaparíaselle a posibilidade de disputar a seguinte fase que posibilita o acceso ao campionato de España. Ao descanso chegaríase co resultado de 11 a 14.

Na continuación, os de Cangas saíron a por o partido, parcial de 2 a 0, en contra e malas sensacións para o Garaysa que parecía quedarse no vestiario neste comezo. Moi relaxados e estáticos pola pista, as accións individuais manterían a mínima vantaxe; pero o excelente labor defensivo realizada na primeira parte; non se vía por ningún lado, cada vez que os locais encaraban o 1×1, eran capaces de superar con opción a gol. Sen contacto sobre o opoñente directo, nin axudas, o Luceros conseguía empatar a falta de 5 minutos.
O cambio de sistema defensivo a 6:0; e o acerto no lanzamento nos instantes finais, permitiu que os dous puntos fósense para Carballo; onde o Garaysa Xiria mantén a segunda praza na clasificación a falta dunha xornada para acabar a fase regular.

A última xornada, o Garaysa Xiria recibe ao Teucro, cuarto clasificado; coa necesidade de puntuar para alcanzar o subcampeonato; que dá dereito a organizar a seguinte fase; para tratar de clasificarse ao campionato de España.
Incidencias: Partido disputado no pavillón O Gatañal ante aproximadamente 150 seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: Abel Juncal López do colexio galego. 7 metros: Grupo Salco Luceiros 2/3 Garaysa Xiria  2/2
Marcador cada 5 minutos: 3-4, 4-6, 5-8, 8-11, 11-14, descanso, 14-16, 17-19, 19-22, 23-24, 26-28.
LUCEIROS 26 ( 11 + 15 ): David Rocha, Alejandro Martínez (6), Jose Cerqueiro, Javier Freire, Xosé Paz, Sergio Fontan (1), Eloy González, Rubén Augusto (8), Iván Taboas, Manuel Pérez (6), Jose M. Meira, Gael Branco (4), Miguel Hermelo (1).
GARAYSA XIRIA 28 ( 14 + 14 ): Pedro Pena [p], Aarón Rodríguez (1), Carlos Varela, Mario Cancela (7), Daniel Mallo (7), Fernando Mallo (4), Juan Pereira (2), Diego Antelo (3), Julián García (3), Javier Rodríguez, Antonio Calvelo (1), Pablo Esmoris.