Dous puntos nun duro partido

Traballou o Calvo Xiria durante sesenta minutos para que os dous puntos en xogo quedasen no Vila de Noia no partido que o enfrontou ao Luceros de Cangas, nun partido marcado pola dureza das defensas nas dúas áreas, e no que levou a iniciativa durante todo o partido en base a controlar o xogo ofensivo do seu rival.

Fixeron os carballeses unha boa labor defensiva e ofensiva, mais non estiveron atinados de cara ao gol, ben por imprecisións propias ben pola labor de Daniel Fernández na portería, con demasiados lanzamentos dende posicións cómodas errados e que provocou que o conxunto do Morrazo se mantivese no partido até o minuto 45. A partir dese intre un incremento na actividade defensiva e na aportación en portería dos carballeses, un gol encaixado nos derradeiros quince minutos, inclinaron a balanza para o Calvo Xiria.

O vindeiro sábado en Lalín, o Calvo Xiria xogará ante un dos equipos chamados a ocupar o máis alto da táboa clasificatoria, nun partido que abre un mes ante equipos que esixirán o máximo dos carballeses para poder loitar por unha das dúas primeiras prazas ao remate da liga.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia ante 300 seareiros. Colexiados: Tomás Fernández Merino e Omar Fagúndez Pérez do colexio de Castela e León. Castigaron con exclusión polo Calvo Xiria a Sergio Facal (15´, 37´), Brais Puñal (23´), Jorge Bouzas (42´), namentres polo Luceros foron sancionados David Veloso (2´, 51´), David Iglesias (6´, 36´), Eloy Molanes (29´), Miguel Pousa (35´), Daniel Gómez (48´) e o adestrador José A. Figueroa (7´, expulsado no 41´). 7 metros Calvo Xiria 3//4    Luceros 1//1. Marcador cada 5 minutos: 1-1, 5-4, 8-5, 11-7, 12-8, 14-9 descanso, 16-11, 18-13, 20-16, 23-16, 24-16, 27-17.

CALVO XIRIA 27 (14+13): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal, Manuel Méndez, Sergio Facal (3), Uxío Batán, Martín Alfeirán (9), Julián López (3), Juan C. Rodrígue(1), Jorge Bouzas (1), Pablo Iglesias (4), Javier Rodríguez (2), Miguel Suárez-Pumariega (1), Gonzalo Pombo (3), Andrés Vila.

LUCEROS 17 (9+8): Anxo Dopazo [p], Daniel Fernández [p], Eloy Villanueva (1), Santiago Gallego, Daniel Gómez (6), Miguel Pousa (4), Erik Dasilva, David Iglesias (3), Pedro Parcero, David Veloso (1), Ángel Rodríguez (1), Óscar Broullón, Adrián Pérez, Bruno Vázquez, Eloy Molanes.