Dous puntos para achegarse á fase de ascenso

Aproveitaron ben o parón por mor da semana santa os xogadores do Calvo Xiria, que retomaron a súa mellor imaxe para encarar o remate da liga na que precisa gañar os partidos que quedan para acadar o segundo campionato ligueiro consecutivo. O Rasoeiro, que puxera en moitos apuros aos carballeses na primeira volta, non atopou o seu sitio no terreo de xogo, e segundo foi funcionando mellor a defensa local, as diferenzas no electrónico non fixeron máis que medrar, grazas en boa parte ao altísimo porcentaxe de acerto no lanzamento e a minimizar as perdas de balón por parte dos atacantes verdinegros.

A vindeira xornada, que se xogará de novo no Vila de Noia, enfrontará ao Calvo Xiria e ao Seis do Nadal, nun partido no que de gañar certificará a participación na fase de ascenso do conxunto bergantiñán.

Incidencias: partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante máis de 300 seareiros.  Colexiados: Pablo Álvarez Vázquez do colexio galego e José Domingo Vega Gemio do colexio estremeño. Castigaron con exclusión polo Calvo Xiria a Brais Puñal (15´), Julián López (45´) e Gonzalo Pombo (54´), namentres polo Calmear Rasoeiro Bm foron sancionados  Bruno Montesinos (27´), Álvaro Iglesias (31´), Francisco Parada (38´) e Sergio Iglesias (40´). 7 metros: Calvo Xiria 1//2    Calmear Rasoeiro Bm 1//1. Marcador cada 5 minutos: 3-3, 6-6, 10-8, 13-11, 17-13, 20-13 descanso, 24-15, 27-15, 29-17, 31-20, 33-22, 38-26.

CALVO XIRIA 38 (20+18): Santiago Gómez [p] (1), Martín Gómez [p], Brais Puñal, Pablo Iglesias (8), Carlos Vilanova (9), Sergio Facal (2), Gonzalo Pombo (2), Alejandro Calvete, Javier Rodríguez (2), Julián López (1), Hugo Rodríguez (4), Martín Alfeirán (5), Jorge Bouzas (3), Manuel Méndez (1), Miguel Suárez-Pumariega, Juan Carlos Rodríguez.

CALMEAR RASOEIRO BM 26 (13+13): Ángel Noya [p], Anxo Castelo (1), Alberto López (3), Omar Mosquera, Álvaro Iglesias (6), Bruno Montesinos (2), Sergio Iglesias (5), Francisco Parada (1), Alberto Santiago, Borja Silva (6), Adrián Fernández, Alexandre Otero, Iago Rodríguez (2).