Dous puntos para manter o liderado

Cumpriu co mínimo o Calvo Xiria para levarse os puntos no enfrontamento ante o pechacancelas da categoría, o Bm Carballal. Sen que en ningún momento perigase o resultado, cometeron demasiados erros os carballeses como para merecer unha maior vantaxe no electrónico. Cuns poucos minutos de traballo repartidos entre o primeiro e o segundo  tempo foi suficiente para deixar o partido encarrilado. Agora toca un parón dunha semana antes de afrontar os derradeiros tres partidos, no que os carballeses precisan a vitoria para manter o seu posto de privilexio.

Incidencias: partido disputado no Pavillón do Loureiro ante máis de 200 seareiros. Colexiados: Abel Juncal López e Ángel Mateos Alonso do colexio galego. Castigaron con exclusión polo Granitos Ibéricos a Adrián Lomba (38´), namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Manuel Méndez (27´), Alejandro Calvete (29´), Brais Puñal (13´, 39´, 39´) e o adestrador Marcos Rodríguez (27´). 7 metros: Granitos Ibéricos 3//4   Calvo Xiria 2//2. Marcador cada 5 minutos: 0-3, 3-5, 5-7, 5-8, 6-9, 7-10 descanso, 8-13, 10-15, 13-18, 15-19, 17-21, 20-24.

GRANITOS IBÉRICOS 20 (7+13): Pedro Ramírez [p], José Ramón Ballesteros [p], Luis Castro (4), Pablo García (2), Xabier Puentes (5), Jorge Navarro, Daniel Román (1), Pablo Correa (4), Borja Romero, Jesús Lago, Hugo López, Iván Soage (2), Adrián Lomba (2), José A. Fernández, Aaron Seoane.

CALVO XIRIA 24 (10+14): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Brais Puñal (3), Pablo Iglesias (2), Uxío Batán (1), Sergio Facal, Gonzalo Pombo (3), Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez (3), Julián López (3), Hugo Rodríguez (3), Martín Alfeirán (5), Jorge Bouzas (2), Manuel Méndez (3), Miguel Suárez-Pumariega (3), Juan Carlos Rodríguez.