IMG-20170319-WA0018

Dous puntos que valen un segundo posto para o Garaysa Xiria

Na mañá do domingo, no Vila de Noia, enfrontábanse o Garaysa Xiria e o Teucro. A importancia do partido residía en quen quedaba segundo, na clasificación final desta fase regular; posto que dá dereito a organizar o intersector para a loita polas prazas para o campionato Estatal.
Partido intenso e igualado, nos primeiros 10 minutos, os dous equipos corrían moito; polo que o factor físico foi determinante na diferenza adquirida polos carballeses ao descanso; que mantiveron o ritmo de xogo na primeira parte; destacando na faceta defensiva e as transicións rápidas. 16 a 11.
Durante a segunda metade, o Teucro, apertou en defensa; cun 5:1 máis presionante, puxo en dificultades aos carballeses, que en ataque, perdían máis balóns dos habituais e viron reducida a súa vantaxe ata os dous goles; pero en defensa, estaban a traballar arreo, onde a colaboración coa portaría foi determinante á hora de conseguir os dous puntos.

Así que, despois desta vitoria; poderemos gozar en Carballo doutro fin de semana  de bo balonmán, durante o 21, 22 e 23 de abril. Os equipos clasificados son o Garaysa Xiria, o Cisne e o Teucro, que esperan ao cuarto rival, aínda sen decidir; o cal será o campión de segunda división.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante 150 seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: Pablo Torreiro Barrós do colexio galego. Castigou con exclusión por parte do Garaysa Xiria a Áaron Rodríguez (5´, 32´). 7 metros: Garaysa Xiria  2/2 // SD Teucro 3/4
Marcador cada 5 minutos: 3-3, 6-5, 10-7, 14-9, 16-11, descanso, 18-15, 22-18, 24-20, 24-21, 27-21.
GARAYSA XIRIA 27 ( 16 + 11 ): Pedro Pena [p], Aarón Rodríguez (2), Carlos Varela (2), Mario Cancela (5), Daniel Mallo (8), Fernando Mallo (3), Juan Pereira (1), Diego Antelo (2), Julián García (1), Javier Rodríguez, Antonio Calvelo (3), Pablo Esmoris.
S.D. TEUCRO 21 ( 11 + 10 ): David Chan (2), Diego Leal, Marion Barco (5), Lois García, Juan Castro (3), Esteban Carballido (3), Sergio Blond (2), Álvaro Castro (6), Enrique Fernández, Sergio Branco, Mario Elías Branco, Adrián Torres, Óscar Paredes, Sergio Cortizo, Miguel Monteagudo.