Dura derrota para o Garaysa nun partido competido

O pasado sábado o Garaysa Xiria desprazouse a Tui para disputar o partido correspondente a xornada 9. Partido entre dous equipos con puntos similares ate o momento e que ía a ser competido e con moita intensidade.

Así foi, o comezo do partido estivo marcado pola igualdade e a intensidade. No comezo as defensas gañaban ós ataques. Aos de carballo, costoulle superar a defensa 5-1 dos de Tui, por outra parte os locais tan só eran capaz de facer daño en situación individuais. A partir de ahí o xogo dos carballeses viuse penalizado pola falta de continuidade no xogo por mor da arbitraxe, a cal ao mínimo contacto dos locales pitaba falta sen chegar a deixar os tres pasos aos xogadores carballeses. Esta situación fixo que en moitos casos non se puidera producir unha continuidade no xogo do Garaysa. Con esto o Tui foi capaz de lograr unha ventaxa de 3 goles, marchando o descanso 10-7.

Logo do paso por vestuarios os xogadores carballeses buscaron unha defensa máis presionante para tentar alonxar da portería aos xogadores máis acertados de Tui, pero as rentas mantíñanse. No ataque o guión seguía igual, sen embargo, despois de varias decisións discutibles por parte dos colexiados o Tui puido coller unha renta maior que mantivo ate o final do partido. A pesar de esta situación o Garaysa seguiu loitando ate o minuto final, aspecto que mellorou moito respeto a outros partidos. O resultado final 24-18, fai que o Garaysa perda un partido competido, pero para a semana temos outro partido que se antoxa igualado.

BM TUI 24 (10+14) Hugo Rodríguez, Samuel Vaz, Miguel Pena (8), Lucas Cruces, Hugo Ramos (1), Roque Estevez, Anxo Álvarez (10), Antón Paz, Marcos Piñeiro (1), Carlos J. Correia (3), Aron Parada (1), Lois Rodríguez.

GARAYSA XIRIA 18 (7+11) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Hugo García, Pedro Porteiro, Samuel Regueira, Ángel Viña (2), Samuel Veiga (2), Erik Vázquez (4), Pablo Veiga (5), Xurxo Fraga (3), Aarón Rodríguez, Alberto Rodríguez (2).