artabro 1

Empate do Grupo Lemaco diante da Sar en Redondela

5ª xornada Copa Federación Cadetes Masculino

Sar Redondela 30 – Grupo Lemaco Xiria 30  (17-17)

O Grupo Lemaco Xiria pechou a tempada cun empate diante da Sar, nun encontro correspondente a derradeira xornada de Copa Federación.

Comezaba o encontro con alternativas no marcador, dous equipos que cometían moitas perdas de balón e con baixa intensidade defensiva, logo de que o Grupo Lemaco fose mandando na primeira metade, chegamos ao descanso con igualdade a 17 goles.

Máis concentrados e con outro aire defensivo arrancaba a segunda metade o Xiria, o que facía que fose incrementando a vantaxe no marcador, pero voltaron as imprecisións e os desaxustes defensivos, que permitían ao Sar empatar o encontro na derradeira xogada do partido nun lanzamento de 7 metros.

Sar de Redondela 30 (17): Iñaki Míguez (porteiro) Lorenzo Míguez 2, José Dos Santos 3, Gael González 5, Javier Rivas 7, Javier Mera 9, Daniel Niño 3 e Antonio Martínez 1

Grupo Lemaco Xiria 30 (17): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 2, Alex Gómez 11, Pedro Pereira 8, Iago Rincón 1, Franco Rial 2, Brais Vila 2, Andrés Urbieta, Xurxo Díaz 1, Mario Rincón 3, Adrián Mesejo, Diego Rodríguez,  Manuel Varela e Paulo Collazo.

Marcador cada 5 min: 2-3 / 4-5/ 6-8 / 10-12/ 14-14 / 17-17/ 18-20 / 19-22 / 21-24/ 22-29/ 25-29/ 30-30

Arbitraron Soraya Abelenda e Andrea Argibay, moi discutidas e protestadas.