Empate do Mamolería J. Rey e vitoria para o Garaysa Xiria, a domicilio

Os dous equipos infantil masculino do Xiria; tocáballes viaxar este fin de semana.
O Marmolería José Rey facíao o sábado contra o Bm Ártabro en Novo Mesoiro e conseguía un empate a 24 goles, que deixa ás claras, o progreso deste equipo; que foi de menos a máis durante toda a tempada, sobrepóndose ás baixas e crecendo como un equipo que a día de hoxe está na loita polas semifinais de Copa. Pois o partido puido decantarse para calquera dos dous equipos, con continuos cambios no marcador. Na primeira parte os visitantes movéronse con vantaxes de ata 3 goles e na segunda parte foron os locais os que conseguirían ata unha diferenza de 5 goles; e un xogador máis en pista; pero a defensa 4:1 e unha vez recuperado o xogador excluído; unha defensa presionante permitiu conseguir 1 punto, cun gol nos últimos segundos; grazas á entrega e loita por parte dos xogadores carballeses nos últimos 10 minutos.

Por parte do Marmolería José Rey Xiria; xogaron Darío Calviño [p], Andrés García, Esteban Puñal, Alberto Suárez, Juan Martín Fajardo, Martín Fontes, Alex Puñal, Asel Cambón, Miguel Goimil, Pablo Esmorís e Javier Rodríguez.

A seguinte semana, o Marmolería José Rey recibe ao Bm Culleredo, en Carballo.

Xa o domingo, sería a quenda para o Garaysa Xiria que disputaba en Redondela o último partido de Copa Federación da división de honra. O seu rival; a SAR, nada puido facer ante o pulo co que saíron os visitantes que mandaban aos 5 minutos 2 a 7, e cunha diferenza que iría crecendo ao longo do partido, ata o 14 a 32 final, que denota a diferenza que existe a día de hoxe entre estes conxuntos. O resultado deixa ao Garaysa Xiria cuarto clasificado da Copa e pensando xa, en que quedan 2 semanas para o Campionato de España. Esta semana disputarán unha serie de partidos amigables como preparación.

Por parte do Garaysa Xiria, xogaron, Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Diego Antelo (1), Mario Cancela (5), Fernando Mallo (4), Juan Pereira (2), Julián García (2), Antonio Calvelo (4), Daniel Mallo (8), Carlos Varela (1), Aaron Rodríguez (1), Pablo Esmoris (2), Javier Rodríguez, Alex Puñal (2).