Empate entre o Laber Xiria e o Teucro pontevedrés.

Laber Xiria 31 – SD Teucro 31 (14-16)

Partido que dominou no marcador dende o inicio o Teucro de Pontevedra, pero o Xiria sempre creu na posibilidade de facerse co encontro, tivo a derradeira ocasión para facelo, pero aínda así con este empate obtén moitas posibilidades de meterse nas semifinais da Copa Federación.

Non funcionou o 6:0 pechado do Xiria, e os xogadores rivais chegaban continuamente a liña dos seis metros con opcións claras de lanzamento, demasiadas facilidades na defensa que facían que, pese a resolver no ataque, o Teucro dominase nesta primeira metade.

Mesmo panorama da continuación con un Laber Xiria que non conseguía frear os ataques rivais, pese a ter un acertado Samuel Castiñeiras baixo paus. A falta de dez minutos o Teucro cobraba a máxima diferenza do encontro, 21 a 27 que parecía que sentenciaba, pero os xogadores carballeses non perderon a fe, adiantaron liñas e resolveron con eficiencia no ataque, apremando o marcador ata ese 31 a 31 final.

Grupo Lemaco Xiria 31 (14): Samuel Castiñeiras e Diego Lema (porteiros) Fran Rey 6, Santi Oreiro, Andrés Urbieta 2, Manuel Sánchez 2, Roi Alfeirán 5, Renzo Díaz, Brais Vila, Iker Martínez, Iago Rincón 5, Dani Trigo 1, Alex Gómez 5, Pedro Pereira 5 e Mario Cancela

SD Teucro 31 (16): Eduardo Lores e Javier Codina (porteiros) , Manuel Escudero, Martín Suárez 5, Sérgio Pérez, Cristian Rameseiro 9, Tomás Omil, Juan Estevez 4, Pedro Estevez 3, Juan Piñeiro 3, Gonzalo Domínguez 5, Mario Chan 2 e Omil Javier.

Marcador cada 5 min: 3-4/ 6-8 / 8-10/ 10-12/ 13-15/ 14-16/ 15-17/ 18-21/ 20-24/ 22-27/ 27-30/ 31-31

Arbitraron: Gabriel Folgoso e Henrique Folgoso, sen complicacións