Empate no Vila de Noia

Un partido con dúas partes totalmente diferenciadas. A primeira do Calvo Xiria, sen dúbida, e a segunda totalmente do Novás. O que semellaba un partido totalmente decantado para os carballeses cando no minuto quince do primeiro tempo levaban un parcial favorable de 10-2, diferenza que se mantiña no momento de ir aos vestiarios, transformouse nun empate final, que deixou a uns e outros desconformes.O Calvo Xiria fixo unha defensa moi anticipativa nos primeiros trinta minutos, o que lle permitiu correr ao contraataque, sen dar opcións aos rosaleiros de entrar no partido. So o erro dalgún lanzamento cómodo impediu que a diferenza fose máis ampla no descanso. Nada máis reanudarse o partido o Calvo Xiria marcaba gol e parecía que todo estaba encamiñado. Mais a realidade foi ben distinta, a fortaleza da defensa visitante impúxose ante a falta de desmarques dos carballeses, e en dez minutos estaban metido de cheo no partido. Repetiuse a mesma película, pero á inversa, dominio absoluto dun equipo mais con erros en opcións claras de gol. Resultado: empate.

O mellor foi o ambiente que se viviu no Vila de Noia, cunha bancada entregada aos seus e que fixo posible o empate final. Agora toca viaxar a Porriño para se enfrontar ao segundo clasificado, para o que será vital os folgos dos seus seareiros, que a bo seguro se desprazarán en gran número o vindeiro sábado.

Incidencias: partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante preto de 500 seareiros. Colexiados: Santiago Piñera Fombona do colexio asturiano e Matías Muñiz Castellano do colexio navarro. Castigaron con exclusión polo Calvo Xiria a Brais (30´), Hugo Rodríguez (35´, 56´), Sergio Facal (42´), namentres polo Acanor At. Novás foron sancionados Ramón Suárez- Pumariega (9´), Kevin García (19´), Miguel Trigo (38´), César Armán (40´), Roberto Rodríguez (41´). 7 metros: Calvo Xiria 5//5   Acanor At. Novás  3//4. Marcador cada 5 minutos: 4-0, 7-2, 10-2, 11-3, 13-4, 14-6 descanso, 15-11, 17-14, 19-16, 19-17, 20-21, 22-22.

CALVO XIRIA 22 (14+8): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Brais Puñal (1), Pablo Iglesias (8), Uxío Batán, Sergio Facal (3), Gabriel Castiñeiras, Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez (1), Julián López, Hugo Rodríguez (3), Martín Alfeirán, Jorge Bouzas (2), Manuel Méndez (2), Miguel Suárez-Pumariega (1), Juan Carlos Rodríguez.

ACANOR AT. NOVÁS 22 (6+16): Kevin García [p], David Álvarez [p], Roberto Calvo [p], Roberto Rodríguez, Iago Flores (5), Seufyann Sayad (1), Rubén Figueirido (1), Germán Hermida (1), César Armán (3), Daniel Vicente, Ismael Rodríguez (1), Carlos Rodríguez, Ramón Suárez-Pumariega (2), Miguel Trigo (1), Manuel Martínez (3), Yago Alonso (4).