Encontro emocionante entre Xiria A e Xiria B

Quixo o caprichoso calendario, que os dous equipos alevíns de BM.7 de Escolas Balonmán Xiria enfrontásense no último partido do ano desta modalidade. Os dous conxuntos presentaron ao futuro da entidade, un futuro que, visto o visto no día de onte, está máis que asegurado.
O encontro foi igualado, dominado no marcador polo Xiria B, pero cos seus compañeiros de club sempre moi próximos. O claro exemplo foi o primeiro cuarto, que  caeu ao lado dos primeiros nos últimos instantes e pola mínima (5-6). Foi un tempo moi disputado e xogado a unha alta intensidade, onde o equipo B aproveitou unha acción final para levar os dous primeiros puntos.
Tanto o segundo como o cuarto tempo levounos o Xiria B por tres goles de diferenza (3-6 e 4-7), algo máis verticais cara á portería rival que os seus compañeiros. Foi no terceiro cuarto cando os dous equipos asinaron as táboas. Neste caso, parecía que o Xiria A íase a alzar coa vitoria, pero un último contraataque co tempo a piques de cumprirse, culminaba cun último gol sobre a bucina e a definitiva repartición dun punto para cada equipo.

Xiria A – Xiria B:

1º Cuarto: 5-6       2º Cuarto: 3-6       3º Cuarto: 7-7       4º Cuarto: 4-7

Polo Xiria A xogaron: Erik (5), Álvaro (1), Hugo (2), Manuel García (3), Aday, Brais Suárez (2), Dani Bello (1), Henrique, Marcos Amarelle (5), Martín.

Polo Xiria B xogaron: Alex Tato (p), Angel Villar, Antón Pardiñas, Diego Barbeira, Manuel Rey (2), Manuel Pérez (3), Maxi (4), Miguel Cambón (4), Pablo Veiga (10), Xurxo (2), Lucas Amado.