Enorme partido e vitoria en Tui do Hierros Varela Urbieta para comezar a Fase polo Título

Balonmán Tui 17 – Hierros Varela Urbieta Xiria 25 (8-13)

O Hierros Varela Urbieta viaxaba a Tui coa inquietude do rival que se ía a atopar diante, un pavillón frío e unha espera polo árbitro poñían máis ansiedade nos xogadores carballeses antes do inicio.

Comezaba o encontro o Xiria coas ideas claras, o partido pasaba por cerrar as liñas defensivas arroupando aos seus porteiros, non deixar chegar en lanzamentos francos diante da portería, non perder balóns e darlle mobilidade ao balón en ataque para ir desgastando a defensa rival. Saíu o Tui con moita velocidade nas accións de ataque, movendo con gran ritmo o balón, pero os defensores carballeses chegaban unha e outra vez a tempo a cada intento de penetración e lanzamento e non descoidando ao pivote na liña de 6 metros. En ataque o Xiria movía e atopaba con facilidade pases a liña de 6 metros facendo moito dano dende o pivote ao Balonmán Tui, foise incrementando o resultado a favor co transcorrer dos minutos, con 5 goles a favor chegábase ao descanso.

Pero os xogadores carballeses eran sabedores de que estas batallas duran 60 minutos,  que seu rival ía a intentar meterse no partido, como así fixo apremando o marcador chegando a situarse a dous goles. Novamente o Xiria volveu a dar unha lección de cómo xogar un partido, buscou a maneira de romper a muralla defensiva do Tui que intensificaba a marca sobre o pivote, con lanzamento exterior e buscando aos extremos, en defensa o Hierros Varela Urbieta amosouse inmenso e non baixou a intensidade ata o asubio final.

Non lle fallou o pulso a este Hierros Varela Urbieta nesta primeira e difícil xornada, amosando que cada día vai a máis e aspirando a todo nesta Fase polo Título da Segunda División. A vindeira semana o equipo volta a viaxar, renderá visita ao Atlético Novás de O Rosal.

Balonmán Tui 17 (8) Raúl González e Oscar Alonso (porteiros) Xabier Soliño, Adrián Areal 5, Lois Estévez, Alex Rey, Alejandro Valverde, Alejandro González 2, Pablo Gándara 2, Oscar Gómez 1, Pablo Culleiro, Iago Pereira 6 e Diego Rodríguez 1.

Hierros Varela Urbieta Xiria 25  (13): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiro) Franco Rial 4, Diego Rodríguez 2, Aaron Rodríguez 8, Pablo Esmorís, Manuel Rama 3, Fernando Mallo 3, Xurxo Díaz 1, Carlos Varela, Alex Puñal 1, Javi Rodríguez, Iván Hernández e Toni Calvelo 5.

Arbitrou: Roberto Trigo, un gran arbitrase nun pavillón sen reloxo mural e sen marcador