EPAAT OLEIROS 17 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 32

EPAAT Oleiros: Luis, Adrián ( 2 ), Diego ( 3 ), Bruno ( 7 ), Brais ( 4 ), Cristian, Núñez ( 1 ) – equipo inicial – Rubén, Víctor, Gabriel, Iván, Santiago, Alejandro, Enrique.

Asesoría Sueiro Xiria: Iago, Cristophe ( 3 ), Joaquín ( 7 ), Gonzalo ( 7 ), Óscar, Aitor ( 4 ), Alejandro ( 2 ) – equipo inicial – Manuel ( 3 ), Diego ( 1 ), Javier ( 3 ), Anxo (2 ), Eloy.

Colexiado: Os colexiados Sr. Pérez e Durán levaron o encontro sen problemas.

O Asesoría Sueiro Xiria logrou dous novos puntos froito da sua victoria ante o Oleiros por 32 a 17.

Cómodo encontro para o cadro carballés que non tivo rival na sua visita ó Bm. Oleiros. Dende o primeiro minuto marcou diferencias que resultaron insalvables para os oleirenses e xa no descanso o marcador era de 15 a 7. Ainda así volveron os xogadores do Asesoría Sueiro a amosar as mesmas carencias de concentración que nos partidos que van disputados da liga provincial e que de non se correxir poden ser motivos de disgustos en partidos máis disputados. So nos derradeiros dez minutos houbo unha actitude correcta, tanto en defensa coma en ataque, que levou a endosar un parcial de 0 a 6 favorable ó Xiria.