EPAAT OLEIROS 17 – PROCASA XIRIA 26

30/10/2004 1ª XORNADA

EPAAT OLEIROS: Ricardo, José Pallas, Héctor Pallas, Luís (4), David Agra, Marcos (2), Bruno, Pablo (2), Santiago, Xerome, Sergio, Pedro, Flavio, David Díez (5).

PROCASA XIRIA: Alex Naya (porteiro), Diego López (5), Alex Zas (4), Rodrigo (4), Alberto, Nestor (1), Iván (1), Dani (1), Alberto (2), René, Brais, Óscar (3) e Andrés (5).

Chegaba o Procasa a localidade coruñesa de Oleiros para estrearse na tempada 04/05 ante un Oleiros moi reforzado con rapaces que a pasada campaña militaban no Balonmanópolis alevín. Así foi que o partido estivo moi reñido en tres dos seus cuartos, entre a calidade dos rapaces de Oleiros e o nervosismo dos carballeses impedio que o Procasa deixara plasmada a súa calidade na pista oleirense. De todas formas os nenos adestrados por Fernando Vázquez levaron o ritmo de partido e estiveron mellos colocados dando unha boa sensación de conxunto, sobre todo na subida dos contragolpes e na faceta defensiva. Nesta ultima faceta notouse o bo traballo realizado durante os dous últimos meses. Así e todo, e a pesares de non logra-la victoria no terceiro cuarto, podemos calificar cun notable a actuación dos carballeses, xa que se nos fixamos no resultado global é incuestionable a victoria do Xiria: EPAAT OLEIROS 17 – PROCASA XIRIA 26.

O árbitro DFavid Rodríguez tivo algún erro, pero estivo ben en liñas xerais e non tivo incidencia no marcador.

Parciais: 3-4 / 3-10 / 5-5 / 6-7