ESC. MPAL. CAMARIÑAS 18 – MARMOLES GUMERSINDO XIRIA 27

05/05/2005 3ª XORNADA

ESC. MPAL. CAMARIÑAS: Elena, Elisabeth ( 1 ), Andrea ( 6 ), Marta ( 3 ), Fátima ( 5 ), Laura ( 3 ), Alicia – equipo inicial – Ana, Tatiana, Verónica, Raquel.

MÁRMOLES GUMERSINDO XIRIA: Noelia, Cristina, Berta ( 7 ), Mariana ( 4 ), Marta ( 5 ), Ana ( 3 ), Sheila – equipo inicial – Olalla, Sara ( 8 ), Sara Morandeira, Carla.

O equipo infantil feminino do Mármoles Gumersindo Xiria acadou a victoria no encontro disputado en Camariñas ante o conxunto local por 27 goles a 18. ( 7 – 4, 15 – 10, 22 – 12, 27 – 18 ).

Comezou o partido cos dous equipos atenazados polos nervios dunha competición practicamente inexistente, pero segundo foron pasando os minutos o nivel de xogo exhibido polos dous conxuntos foi mellorando.

O xogo elaborado das carballesas impúxose ás individualidades camariñáns. Determinante foi o terceiro cuarto cunha grande actuación da porteira do Xiria axudada pola súa defensa que so concedía lanzamentos en posicións complicadas. A diferencia chegou ós once goles, e nese momento xurdiu a relaxación que posibilitou que o Camariñas acurtase as diferencias ata chegar ó definitivo 27 a 18.

Quédalle un encontro o cadro carballés que disputará ante o Bm. Narón, conxunto ó que xa venceu na primeira volta de maneira folgada, mais só o final do encontro.

Os colexiados Srs. Díaz e Rodriguez permitiron todas as protestas e espectáculos do adestrador local e non aplicaron o regulamento infantil que impide os cambios durante os cuartos (agás por lesión, e nunca se pode desfacer o troco feito) e non foron ecuánimes na aplicación das sancións disciplinarias.