ESC. MPAL. DE CAMARIÑAS 25 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 23

20/11/2004 6ª XORNADA

ESC. MPAL CAMARIÑAS: Cristian, Tino ( 1 ), Javier ( 2 ), Jesús ( 2 ), Anxo ( 3 ), Fabián ( 6 ), Alberto ( 11 ) – equipo inicial – Sergio, Manuel, Tedín, José, Mas, Víctor.

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Miguel, Cuco ( 6 ), Alejandro, Hugo ( 1 ), Cristophe ( 3 ), Carlos ( 7 ), Rodrigo ( 1 ) – equipo inicial – Iván, Miguel Díaz, Aitor ( 5 ), Anxo, Alberto, Chimpo, Gonzalo.

Derrota totalmente merecida do cadro carballés que no descanso caía por un avultado marcador de 7 – 14. Non hai outra explicación que a total falla de concentración e unha actuación marcada por unha teórica superioridade que fixo que unha e outro vez os ataques que executaba andando o Xiria se estrelasen contra a defensa e o porteiro local, mentres que no apartado defensivo se observaba a mesma tónica, sen falar do inexistente repliegue defensivo ante as numerosas perdas de balón.

Se a isto lle engadimos a necesidade imperiosa do Camariñas de conquerir os dous puntos e fácil de que saian as contas que levaron ó marcador nos primeiros minutos da segunda metade a unha desvantaxe para os carballeses de oito goles.

A partir de este momento e cos xogadores que menos minutos disputan habitualmente na pista, comezou a remontada, non so por accións técnicas ou tácticas senón debido as gañas e os desexos de xogar que demostraron na pista.

Esperemos que sirva de aviso para o cadro carballés, aínda que a boa noticia e ver unha plantilla chea de xogadores que poden ser moi competitivos en tódolos postos.

O colexiado Sr. Pérez Otero estivo irregular para os dous equipos durante todo o encontro.