Esc. Mpal. de Camriñas 27 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 25

23/03/2004 8ª XORNADA

ESC. MPAL. CAMARIÑAS: Cristian, Fabián ( 1 ), Borja ( 7 ), Felipe ( 8 ), Iago ( 4 ), Albino ( 2 ), Alberto ( 4 ) – equipo inicial – Sergio, Manuel, Víctor, Jesús, Miguel ( 1 ), Tedín.

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Cuco ( 1 ), Fernando ( 7 ), Dubra ( 3 ), Chimpo ( 5 ) , Carlos ( 4 ), Pablo ( 3 ) – equipo inicial – Miguel, Bruno, Hugo, Queco ( 2 ), Alberto, Alejandro, Gonzalo.

O Asesoría Sueiro Xiria sufriu a segunda derrota consecutiva na visita que o levou á cancha do E. M. Camariñas cun resultado final de 27 – 25.

Non anda fino o cadro carballés, que cometeu erros puntuales que o levaron a sufrir unha derrota que complica as aspiracións de se clasificar para o Campionato de España e convirte en case que imposible a consecución do primeiro posto na liga galega.

Pero foi un bo encontro de balonmán o que disputaron os dous equipos da comarca e no que se demostrou que son os claros aspirantes a ocupar as prazas altas da clasificación dentro de duas xornadas se todo segue no camiño que parece lóxico.

Os que seguen sen estar a altura dos equipos son os colexiados que parece que non saben ou non queren ser imparcias, e mentres as accións defensivas dos carballeses transformábanse en exclusións e lanzamentos de sete metros, na outra área non pasaba de simples golpes francos.

A vindeira xornada o Asesoría Sueiro recibe a visita do Lalín, encontro no que o único resultado válido para os carballeses é a victoria.

3-1 / 4-2 / 5-4 / 8-6 / 11-9 / 13-12 / 15-14 / 17-15 / 18-17 / 21-21 / 24-23 / 27-25

O colexiados Srs. Vicente Pérez e Julio López foron determinantes o longo de todo o encontro.