Escolas Balonmán Xiria & Clínica Dental María Gómez Lamas

ACORDO DE COLABORACIÓN COA CLÍNICA DENTAL MARÍA GÓMEZ LAMAS

Escolas Balonmán Xiria e Clínica Dental María Gómez asinan un acordo de colaboración do que se poderán beneficiar os socios e socias das Escolas Balonmán Xiria, que poderán beneficiarse de descontos nos distintos tratamentos que ofrecen na clínica.

Os socios e socias das Escolas Balonmán Xiria terán uns servizos gratuitos que se detallan a continuación:

  • Consulta e presuposto.
  • Revisións.
  • Educación bucodental.
  • Fluorizacións.
  • Radiografías periapicais.

Por outra parte, terán descontos nos seguintes tratamentos:

  • 20% en limpezas dentais
  • 20% en panorámicas e telerradiografías.
  • 20% en escáner dental (TAC).
  • 20% en protectores bucais deportivos.
  • 10% en branqueamentos dentais.
  • 10% en obturacións.
  • 10% en ortodoncia.
  • 10% en periodoncia.
  • 10% en implantes.
  • 10% en tratamentos restauradores en menores de 15 anos.

Tamén ofrecen aos socios e socias facilidades nos pagos, polo que ofrece unha financiación a 12 meses sen ningún tipo de interese para o paciente e posibilidade de financiación ata 36 meses.