Excelente vitoria do Goldie Xiria

Bo partido o que puideron presenciar os afeccionados ao balonmán o sábado pola tarde entre o Goldie Xiria e o A.D. Carballal. O pavillón Ceip Fogar encheuse a pesar do mal tempo e as xogadoras carballesas agradecéronllo cun bo partido e unha vitoria que as sitúa entre as cinco primeiras clasificadas, nunha 1ª Autonómica que brilla pola igualdade que hai en todos os partidos.

As do Goldie Xiria fóronse ao descanso gañando 14 a 9; onde brillaron pola súa fluidez en ataque; acompañada cun compromiso defensivo moi alto. Na segunda metade, sufriu o Goldie para atopar espazos na defensa viguesa, pero é que ata en 5 ocasións atopouse en inferiordad númerica, por soamente 1 das visitantes. Non se entende que este apartado do partido fose un tanto descompensado, xa que os dous equipos medían as súas forzas por igual, loitando e primando a deportividade.

Ao final, os dous puntos puideron quedarse na casa, e permiten ás de Carballo seguir traballando, nunha nova semana, xa coa vista posta en Porriño.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Ceip Fogar ante uns centocincuenta de seareiros que estiveron moi animados. Colexiados: Pablo Barreiro e Enrique Folgoso. Excluíron a Sheila Ferreiro (21´), Aida Vizcaíno (33´), Raquel Gómez (40´), Natalia Solis (47´, 57´) por parte do Goldie Xiria; namentres polas visitantes foi excluída, Yaiza Terleiro (49´). 7 metros: Goldie Xiria 1/2 // A.D. Carballal 1/3.

GOLDIE XIRIA 23 ( 14 + 9 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena (2), Alba Rodríguez (1), Natalia Solís (3), Soraya Martínez, Eva Facal, Mina Ribullén (2), Aida Vizcaíno (3), Jessica Posse (2), Saray Couto, Elena Segade (4), Sheila Ferreiro (2), Raquel Gómez (4), Sandra Santos.

A.D. CARBALLAL 20 ( 9 + 11 ): Irene Mallo, Alba Rodríguez (3), Andrea Pérez, Carla Soto (2), Antía López (1), Laura Costas, Ainoa Da Rocha (8), Paula Alonso, Sabela Abaine, Sara Villarroel (3), Carla Caride (2), Yaiza Terleiro (1).