IMG_0162-copy

Excursións Fin de Curso

Estamos especializados na organización de viaxes para grupos, algo que nos permite deseñar unha viaxe de fin de curso a medida, independentemente do número de persoas e idades dos participantes, adaptanIMG_0177do destinos e actividades ás necesidades de cada grupo. Esta posibilidade débese á capacidade de elixir lugares que combinan ocio e cultura, permitindo que poidamos adaptar o viaxe aos gustos e preferencias de alumn@s/profesor@s/nais e pais.
Os viaxes están deseñados para fomentar a diversión, emoción, aventura, maxia, natureza…unha fusión de experiencias únicas dan lugar ao noso concepto de Viaxe de Fin de Curso.

Ademais ofertamos un servizo integral de organización de viaxes de fin de curso, dende a contratación até a volta do viaxe podedes contar co noso aDSC_0181sesoramento e soporte. Inclúense nos nosos servizos:
1. Monitores 24 horas dende a saída no colexio até o retorno.
2. Transporte incluído no prezo
3. Fraccionamento de pago
4. Proposición e elaboración de medios de axuda ao pago
5. Organización de reunións con nais e pais, xestión de recibos, publicidade e información.
6. Pensión completa dende a cea do primeiro día
7. Monitores para as actividades específicas
8. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.DSC_0125
Garantimos:
1. Xestión próxima ao cliente, trato personalizado.
2. A experiencia de quince anos organizando excursións, campamentos, cursos de verán… nun servizo de contrastada calidade.
3. Monitores titulados, con 24 horas de permanencia ao lado dos alumnos, velando da súa seguridade e garantido a integración de todos @s participantes.
4. Destinos e actividades adaptados ás necesidades e desexos dos clientes.
5. Rápida resposta ante calquera inconven18iente.