Éxito rotundo dos benxamíns e alevíns de Xiria na fase final de BM5

Si xa fora un éxito que Escolas Balonmán Xiria clasificase aos seu seis equipos (4 alevíns e 2 benxamíns) para a fase final de BM5 e ademáis fixerao copando os postos máis altos da táboa, a xesta redondear o pasado sábado cunha actuación sobresainte, na que os conxuntos de Carballo acapararon o protagonismo da fase final.

Os tres conxuntos alevíns masculinos, Telepizza Carballo Xiria, Laber Xiria e LK Xiria, impúñanse nos seus respectivos grupos aos rivais e lideraban a clasificación matinal que lles daba o billete para semifinais. No caso do LK Xiria, o último partido da mañá enfrontáballes ao Grupo Lemaco Xiria feminino, nun duelo onde só un equipo podería clasificar para as semifinais. Ao final, os rapaces do LK superaban as nenas do Grupo Lemaco por un axustado 5-3 e continuaban o camino cara a gran final.

Na categoría benjamín, tamén o OAK English Centre Xiria alcanzaría o primeiro posto do seu grupo, clasificándose para as semifinais e aínda que en principio, aos seus compañeiros de Pico Blanco tamén se lles deu como primeiros de grupo por un erro da organización, despois, este privilexio pasaría a máns do Liceo, que se impuxo aos carballeses nun encontro que finalizou en táboas e tívose que dilucidar a través do golaverage.

O resultado final non puido ser mellor e así, en categoría alevín, LK Xiria e Telepizza Carballo Xiria disputaron a final, proclamándose campións provinciais os primeiros por un axustado 5-3 e completando o podio o Laber Xiria como terceiro clasificado. Finalmente, as nenas do Grupo Lemaco, quedarían oitavas despois de ceder núns axustados cruces.

No caso dos benxamíns, o OAK English Centre Xiria alcanzaría o subcampionato ao ceder na final polo golaverage nun partido que finalizou en táboas e os seus compañeiros de Clínica Dental Pico Blanco Xiria, finalmente terminarían nun meritorio cuarto posto.

Algunhas instantaneas da fase final: