Equipos BM 7

Éxito rotundo dos equipos alevíns en BM7 e BM5

Neste fin de semana levaron a cabo as últimas xornadas alevíns en BM7 e BM5 e o éxito dos conxuntos de Xiria foi total e absoluto, clasificando a todos os seus equipos para as fases finais de cada competición.

Dos catro equipos que competirán na fase final de BM.7, dous serán os de Escolas Balonmán Xiria, o Metalúrgica BB Xiria A e Xiria B. Os segundos xa conseguiran a súa clasificación anteriormente e os primeiros, conseguírona o Sábado pasado ao impoñerse ao Culleredo Almeiras a domicilio por un resultado de 2-6, o mesmo que conseguiría o Metalúrgica BB Xiria B a continuación e no mesmo escenario contra o Culleredo Universo Balonmán.

En BM5 e xunto aos dous equipos benjamines, Escolas Balonmán Xiria clasifica para a fase final aos seus catro equipos alevíns, tres masculinos e un feminino. Nos partidos do Domingo pasado en Santiago de Compostela, o Grupo Lemaco alevín feminino, impúxose a conxunto de Zas por un resultado de 6-2, mentres o Laber Xiria, Telepizza Carballo Xiria e LK Xiria masculinos, fixeron o propia fronte ao BM. Camariñas A, ESC MPAL Camariñas-Muxía E Ribadosar respectivamente por un idéntico resultado de 8-0.

Sen dúbida, un pleno que fala moi ben da canteira carballesa e que agora haberá que referendar cos postos de privilexio de ambas as fases.