Exitosa xornada benxamín e alevín en Carballo

Este pasado Sábado, E. BM. Xiria organizaba a xornada número 9 de BM.5 en categoría alevín e benxamín e facíao no pavillón do CEIP Fogar de Carballo. Os enfrontamentos en categoría alevín saldáronse con vitoria dos bergantiñáns e no duelo de benxamíns entre o OAK English Centre Xiria e o Clínica Dental Pico Blanco, os primeiros conseguiron impoñerse aos seus compañeiros por un axustado 5-3.

LK Xiria vs Ribadosar Omega: 6-2 (Alevín)

1º cuarto: 9-4   2º cuarto: 11-4   3º cuarto: 8-10   4º cuarto: 13-3

LK Xiria: Miguel Cambón (12), Lucas Amado, Manu Muñoz (8),Marcos Varela (7), Diego Barbeira (4), Henrique Traba (10), Aday.

Superioridade do LK que se impuxo con contundencia nos dous primeiros cuartos, pero viu como o seu rival conseguía un axustado triunfo no terceiro ao baixar os locais o nivel defensivo. No último cuarto, recuperando a intensidade e atención na retagarda, os carballeses volveron impoñerse con facilidade (13-3).

EDM. Conc. Muxía-Camariñas vs Telepizza Carballo Xiria: 0-8 (Alevín)

1º cuarto: 0-11   2º cuarto: 1-12   3º cuarto: 1-7   4º cuarto: 2-13

Telepizza Carballo Xiria: Angel Villar (5), Dani Bello (8), Manu Rey (9), Manu Pérez (9), Xurxo Fraga (11), Andrés Pedreira (3).

Prácido triunfo do Telepizza Carballo Xiria ante un rival cuxos xogadores levan moi pouco tempo practicando o balonmán. Os de Carballo exhibiron unha boa concentración defensiva que lles posibilitou roubar un alto número de balóns e materializar facilmente na portería contraria.

Ribadosar vs Grupo Lemaco Xiria: 3-5 (Alevín)

1º cuarto: 5-8   2º cuarto: 11-11   3º cuarto: 7-9   4º cuarto: 7-6

Partido rifado e disputado entre dous conxuntos que mostraron unha alta intensidade e carácter competitivo. As de Carballo terminaron por levar a vitoria.

Grupo Lemaco Xiria  vs EDM. Conc. Muxía-Camariñas: 0-8

1º cuarto: 11-8   2º cuarto: 10-5   3º cuarto: 7-6   4º cuarto: 9-4.

Dous conxuntos que xogaban o seu segundo partido nesta xornada. As nenas do Grupo Lemaco mostráronse superiores ao novel conxunto de Muxía adestrado polos técnicos de Camariñas, pero estes mostraron xa unha mellor cara que no seu primeiro partido contra o Telepizza Carballo Xiria. As carballesas, despois destas dúas vitorias, seguen no alto da táboa clasificatoria xunto aos outros tres equipos alevíns de Xiria.

OAK English Centre Xiria  vs Clínica Dental Pico Blanco Xiria: 5-3

1º cuarto: 5-3   2º cuarto: 16-9   3º cuarto: 3-6   4º cuarto: 7-7.

Partido moi disputado entre os dous conxuntos de Escolas Balonmán Xiria. O OAK gañaba os dous primeiros cuartos e todo facía presaxiar que a vitoria destes podía ser ampla, pero o Clínica Dental Pico Blanco repúxose no terceiro cuarto, levándose a vitoria e vendo como se lle escapaban os dous puntos no último suspiro do tempo definitivo, conseguindo un empate que deixaba as cousas moi igualadas.