EXPO – TRES DE MAYO 30 – CALVO XIRIA 24

O Calvo Xiria deixou quedar dous puntos en Sta. Cruz de Tenerife ó caer derrotado por 30-24 ante o Expo-Tres de Mayo nun emocionante encontro celebrado baixo unha calor abafante.

Despois dunha tarde movida, logo falaremos diso, os carballeses plantábanse no parqué coa cabeza posta na victoria e practicando un balonmán que rozaba a perfección en ataque a pesar de sufrir a violencia contida dos mayistas. A defensa cumpría coa tarefa e só a calidade e motivación de Zico era quen de manter vivos ós locais. Coa igualdade de 14-14 chegábase ó descanso.

Na segunda metade a violencia desatouse nos canarios que lle rompían os labios a Quique e Fernando ademais de lesionar nun xeonllo a Ofi, faltas merecedoras de descualificación que foron levemente sancionadas polos árbitros canarios. Cos homes de Barrios tocados, Zico de director da orquestra local, Toño impresionante na portería e Ivo culminando con brillantez os contraataques o partido decantouse paulatinamente para os da casa que así e todo se viron apurados nos últimos catro minutos con só tres goles de vantaxe. O único positivo foi o visitar a un amigo que tanto supón para o balonmán en Carballo e que foi mestre de moitos dos que tiña enfronte.

Aliñacións

Polo Calvo Xiria:Xurxo, Marcos ( 4 ), Fernando ( 4 ), Quique ( 4 ), Jordi ( 8 ), Martín ( 1 ) e Suso ( 1 ) – equipo inicial – Víctor, Mario ( 1 ), Ofi ( 1 ), Pablo ( ), e Tom ( ).

Polo Expo-Tres de Mayo: Toño García, Zico Petricevic ( 8 ), Tini Marrero ( 2 ), Hernández ( 5 ), Morawe ( 2 ), Ivo ( 7 ) e Álvaro ( 3 ) – equipo inicial – Ángel, Miguel ( ), Carlos ( ), David ( 2 ), Javi ( ), Pablo ( 1 ) e Tarek ( ).

Marcador cada 5 minutos: 2-4 / 5-5 / 9-5 / 11-10 / 12-12 / 14-14 / 17-15 / 19-17 / 23-18 / 24-18 / 25-21 / 30-24

Os colexiados Sres. García e Viudes non influíron no resultado.

Pero case máis salientable que o partido foi a Odisea Canaria, brevemente e sen detalles paso a contar. O cabreo da expedición foi a nota predominante do día no que lle negaron as comidas no hotel previamente foran contratadas desde Carballo; no que o autobús que nos desprazaba ó pavillón, chegou case unha hora tarde; no que mesmo se nos acusou de aboar a cea con un billete falso, cousa evidentemente incerta pero se cola, cola. Debemos aclarar que ningún destes feitos se deben achacar á axencia de viaxes carballesa coa que se contratou o desprazamento, de abondo fixeron conseguindo unha viaxe que sería perfecta se Viva Tours e os Apartamentos Florida de Puerto de la Cruz amosasen profesionalidade e non actuasen de mala fe en moitas circunstancias. Afortunadamente xa estamos na casa.

ACTA Nº: 2.002-2.003.04.02.04.03

Temporada 2.002-2.003
Fase 04 PRIMERA ESTATAL MASCULINA
Grupo 02 GRUPO «A»
Jornada 04 – JORNADA 04
Partido 03 – PARTIDO 03
Fecha 19-10-2002
Hora 18:00
Resultado 30 – 24
Arbitros 9919 ANGEL GARCIA LEON
2125 JESUS FERNANDO VIUDES HERNANDEZ