Fantástica xornada Benxamín e Alevín vivida en Carballo

Onte disputouse a primeira xornada da liga benxamín e alevín en BM5 e a apertura deste campionato tivo lugar no pavillón do CEIP Fogar en Carballo.

En categoría alevín, houbo dous partidos que enfrontaron a conxuntos de Xiria; o Grupo Lemaco Xiria feminino co Laber Xiria masculino e o Xiria B feminino co Lista Xiria masculino. Estes encontros caeron ao lado dos nenos por 8-0, dada a maior antropometría destes e sobre todo a súa maior experiencia, xa que o grupo de nenas deste ano conta con moitas delas que acaban de comezar no balonmán, co cal, esta será unha tempada na que aos poucos se vaian formando e vaian adquirindo coñecementos e conceptos a través dos adestramentos e a propia competición.

Pola súa banda, o outro equipo masculino, o Telepizza Carballo Xiria, enfrontouse ao Camariñas, completando un bo partido tanto en defensa como en ataque e impoñendose ao seu rival tamén por un resultado de 8-0.

Telepizza Carballo Xiria – Camariñas: 8-0

1º Cuarto: 9-1       2º Cuarto: 11-3       3º Cuarto: 8-7      4º Cuarto: 9-6

Telepizza Carballo Xiria: Xabi (6), Álvaro Gómez (7), Marcos (12), Diego Mourelle (6), Diego Pallas (2), Diego Barbeira (3), Antón Pardiñas (1).

 

 Grupo Lemaco Xiria – Laber Xiria: 0-8

1º Cuarto: 2-15     2º Cuarto: 5-10     3º Cuarto: 2-11    4º Cuarto: 0-7

Xiria B – Lista Xiria: 0-8

1º Cuarto: 1-17     2º Cuarto: 0-14     3º Cuarto: 3-7    4º Cuarto: 2-8