DSC_0577

Fase de Ascenso a División de Honor 2017

Por cuarta vez nos últimos  6 anos, o Balonmán Calvo Xiria ten  ante sí a oportunidade de ascender a División de Honra, a segunda categoría en importancia do balonmán estatal despois da Asobal.

Despois de Segovia (2011), Ciudad Real (2014) e Carballo (2016), desta vez toca viaxar lonxe, nada menos que a Lanzarote para enfrontarse con 3 equipos na búsqueda de esa única praza que da o ascenso.

Dende esta páxina tentaremos ofrecer toda a información do equipo e da Fase de Ascenso.

CANDO?
19-21 MAIO EN ARRECIFE (LANZAROTE)

OLLO – Hora peninsular

18451802_460174550996550_2591714682732628984_o

Venres 19 de Maio

19:00 KH7 BM Granollers – Balonmano Elche

21:00 Calvo Xiria – Ca’ Mario Lanzarote

Sábado 20 de Maio

19:00 Calvo Xiria – Balonmano Elche

21:00 Ca’ Mario Lanzarote – KH7 BM Granollers

Domingo 21 de Maio

11:00 Calvo Xiria – KH7 BM Granollers

13:00 Ca’ Mario Lanzarote – Balonmano Elche

 EQUIPOS PARTICIPANTES

Balonmán Calvo Xiria

Xiria

 O Calvo Xiria foi o primeiro clasificado do grupo A por segundo ano consecutivo, no que obtivo 52 puntos, logo de 25 partidos gañados, 2 empatados e so 3 derrotas, marcando 900 goles (30 goles por partido) e recibindo 673 (22,43 goles por partido).

Ca’ Mario Lanzarote

lanzarote

O Ca’Mario Lanzarote foi o segundo clasificado do grupo E, no que obtivo 39 puntos, logo de 18 partidos gañados, 3 empates e 9 derrotas, marcando 797 goles (26,57 goles por partido) e recibindo 724 (24,13 goles por partido).

Conta no seu plantel con varios xogadores con experiencia en categorías superiores. E unha portería na que destaca o porteiro galego de 23 anos Pablo Chantada, que foi compañeiro a pasada tempada de Iván Amarelle no Bm Benidorm de Asobal.

Balonmano Elche

Elche

O Balonmano Elche Vulcanizados Alberola foi o segundo clasificado do grupo E, no que obtivo 52 puntos, logo de 26 partidos gañados e 4 derrotas, marcando 867 goles (28,9 goles por partido) e recibindo 707 (23,57 goles por partido). Un grupo E que foi dominado polo Agustinos de Alicante que non perdeu ningún partido e no que, para facernos unha idea do gran nivel deportivo existente neste grupo, o Hispanitas Petrer, rival do Calvo Xiria na fase da pasada campaña, rematou na sexta posición a 16 puntos dos ilicitanos.

O Bm Elche é unha das grandes canteiras do estado, sempre destacando nos campionatos de España os seus equipos de categorías de base. Salientar neste plantel do equipo ilicitano a súa xuventude, tendo tan só dous xogadores que sobrepasan os 30 anos e estando todo o resto da plantilla en idades comprendidas entre os 20 e os 26.

KH7 Balonmano Granollers

Granollers
O KH-7 Granollers foi o primeiro clasificado do grupo D, no que obtivo 54 puntos, logo de 26 partidos gañados, 2 empatados e so 2 derrotas, marcando 972 goles (32,4 goles por partido) e recibindo 784 (26,13 goles por partido). É o filial do Fraikin Granollers 4º clasificado da Liga Asobal.