Fin de semana de derbi en 1ª nacional

Esta fin de semana ten como especiais alicientes o derbi de 1ª nacional entre o Calvo Xiria e o OAR e o comezo da liga alevín de Balonmán 7, na cal haberá outro enfrontamento provincial entre o Culleredo e o Metalúrgica BB Xiria.

En canto ao enfrontamento senior, diremos que o Calvo Xiria e o OAR chegan en momentos diferentes, os primeiros como colíderes e invictos en liga e os segundos como 12º e con catro puntos na súa marcadora. A pesar da distancia que separa aos dous conxuntos na clasificación, os de Carballo non deberán de confiarse o máis mínimo, xa que os herculinos sempre se destacaron como un equipo que se crece nas adversidades e contra os tachados de favoritos e así podemos lembrar as dúas vitorias fronte ao Lalinense a tempada pasada ou a cultivada en feudo coruñés ante o propio Calvo Xiria. O conxunto de Pablo Aguirregabíria conta con excelentes xogadores nas súas filas, como Sergio Sarasola, O carballés Alex Zas ou o ex- Asobal Sergio Vallés. A estes engadiríamos outro xogador formado na canteira do Xiria como é Pedro Pereira, aínda en idade xuvenil, pero que xa participa nos encontros do equipo senior da entidade.

Polo tanto, o Calvo Xiria, obrigado a sumar de dous en dous para seguir nos postos altos da táboa, debe poñer en liza novamente a seriedade que lle levou a impoñerse a semana pasada de forma clara en Ribadavia e completar sessenta minutos onde a intensidade e a concentración en todas as fases do xogo sexan sobresaintes. O encontro será o Sábado as 20:00h no Vila De Noia.

Xa en senior feminino e despois dunha excelente racha de resultados das de Carballo, O Goldie Xiria viaxa a Salceda para xogar co Balonmán Caselas. O encontro será o domingo ás 12:30 no pavillón municipal de Salceda de Caselas. A clasificación do conxunto local non se aproxima ao potencial que atesoura nas súas filas. Marcha penúltimo na táboa; pero os seus resultados son de máxima igualdade e presumen dunha boa bagaxe goleadora, polo que as do Goldie Xiria deberán estar moi concentradas en labores defensivos e mellorar a porcentaxe de lanzamentos para pelexar polos dous puntos e seguir nos postos altos da clasificación. Boa proba como visitantes para saber onde quere estar o Goldie Xiria esta tempada.
Xa en base e na categoría xuvenil, o Laber Xiria enfrontarase ao  Balonmán Cisne, un dos equipos máis fortes da liga. Tras o duro choque fronte ao Lalín, agárdase que os mancados estén dispoñibles para o sábado. Deberá o Laber Xiria seguir afianzando a súa defensa e atopar mellores e máis efectivas solucións de cara ao ataque, será moi importante a velocidade na subida do balón, algo que faltou a pasada xornada e que sen dúbida restou posibilidades ao equipo.
O Grupo Lemaco Xiria cadete, xoga na primeira quenda do sábado, recibindo tamén a visita do Cisne de Pontevedra as 10:00 no Vila de Noia. O pavillón carballés deberá ser un fortín, xa que dous puntos son os que separán na clasificación a estes dous equipos. O resultado decidirano os pequenos detalles e as porterías de ambos os conxuntos será unha das claves da vitoria.

O trío de partidos contra o Cisne, completarase co Garaysa Xiria infantil, que despois de conseguir a vitoria en Chapela a pasada fin de semana, tentará plantarlle cara a os da cidade do Lerez no Pavillón Vila De Noia as 11:30h.

Seguindo ca División De Honra, pero xa en feminino, o Punta del Este Xiria recibirá na casa o A.D Carballal “A” este sábado as 12:15. Presentaselle unha xornada complicada o Punta del Este, xa que o Carballal é o primeiro clasificado da liga División de Honor. Ainda así as carballesas seguirán ca súa filosofía de xogo, loitando ata o último minuto como veñen realizando ata o momento. A semana pasada visitaron o Cangas que vai de segundo, realizando un moi bo partido. Esperase que neste encontro as do Xiria sigan na mesma liña.

Pasando xa a segunda División, ainda que tamén en feminino, o Hierros Varela Urbieta Xiria cadete enfróntase ó Arteixo Maruxía Asesores na sexta xornada. O equipo de Arteixo atópase na cuarta posición da táboa a 3 puntos do líder que son as carballesas. Será un encontro igualado e importante para ambos equipos que loitan polos postos altos da clasificación. A cita terá lugar o sábado 17 ás 10.30 horas no Pavillón do CEIP Fogar en Carballo.

Tamén en segunda División, os Infantís masculinos do Marmolería José Rey, viaxan o Sábado a Lugo coa esperanza de sacar algo positivo na Casa Do Deporte as 11:15 fronte ao Bm. Lucus.

Os alevíns de balonmán 7, comenzan a competición cun duro encontro a domicilio fronte o Culleredo Clínica Benestar. Será o Domingo as 11:45 no Pavillón de Almeiras e os do Metalúrgica BB Xiria, terán que deixar atrás os nervios da estrea e facer un partido moi completo si queren superar a un rival de tan alta entidade.