Fin de semana de fases finais

Ás portas do mes de Xuño, as diferentes competicións encaran a recta final. As fases finais copan os fins de semana e se o pasado falabamos do equipo senior masculino e a anterior do feminino, neste fin de semana, as mozas infantís de Punta Del Este e os alevíns de balonmán 7, competirán en Arteixo e Abegondo para facerse co título de Copa e provincial respectivamente.

No que respecta ao Punta Del Este infantil feminino, a competición levará a cabo no pavillón de Galán ( Oseiro-Arteixo) durante todo o día do Sábado 26. As carballesas esperan poder confirmar o bo nivel de xogo que as acredita como campioas provinciais esta tempada e conseguir tamén o título de Copa. Os horarios dos encontros, serán os seguintes:

2ª División Infantil Feminina, Fase Final Copa Federación
Sábado 26/05, pav. mpal. de Galán, Oseiro-Arteixo
Semifinais:
– Parrillada La Ronda RC Arteixo – Encaixe Camariñas, 10:30
– Punta Del Este Xiria – Bm Lucus, 12:00
3º – 4º posto: 17:00
Final: 18:30

Na categoría alevín, os dous equipos de Xiria de BM7 entraron nesta fase final, entre os catro mellores equipos da competición. Os partidos levarán a cabo na mañá do Domingo 27 no pavillón de Abegondo e ambos os conxuntos loitarán por conseguir unha final carballesa, algo realmente complicado ante os potentes equipos de Abegondo e BM. Atlántico que xa foron capaces de derrotar ao Metalúrgica BB Xiria B e A. Sen ningunha dúbida, os equipos de Xiria deberán de facer uns partidos perfectos para conseguir o obxectivo.

Liga Alevín Bm 7, Fase Final
Domingo 27/05, pav. San Marcos, Abegondo
Semifinais:
– Bm. Atlántico – Metalúrgica BB Xiria B, 10:00
– Gas Abegondo – Metalúrgica BB Xiria A, 11:00
3º – 4º posto: 12:00
Final: 13:00

Completará a xornada o equipo cadete de Hierros Varela Urbieta, que se despraza a Tui para xogar no municipal da localidade a 5ª xornada da competición de Copa. Un encontro que promete ser igualado e difícil para os carballeses, que a pesar de todo xa foron capaces de conseguir a vitoria alí e atópanse nun gran momento de forma. O partido será o Sábado ás 12:30 h.

E por último, unha nova xornada da liga prebenxamín, esta vez na mañá do Domingo e nas instalacións do colexio Liceo A Paz nos seguintes horarios:

Liga Prebenxamín, x.4
Domingo 27/05, pav. Colexio Liceo La Paz, A Coruña
– Xiria B – Abegondo A, 10:00
– Xiria C – Bm Arteixo , 10:35
– Xiria A – Bm Culleredo, 11:10
– Liceo Blanquiverde – Xiria B, 11:45
– Abegondo A – Xiria A, 12:20
– Xiria C – Bm Línea 21, 12:20