Fin de semana impeclable do Goldie Xiria

Dobre xornada e dobre vitoria para as carballesas do Goldie Xiria, este fin de semana.

O sábado gañaban no derbi provincial ao Encaixe Camariñas a domicilio, nun partido con dous partes ben diferenciadas. A primeira parte as de Camariñas, explotaban o xogo coa pivote para irse cunha diferenza de +5 ao descanso, ante a débil defensa do Goldie. As carballesas mellor coordinadas na segunda parte, impoñíanse desde a defensa e o contraataque, cun parcial de 1 a 9, que non soubo sentenciar ata o final do partido.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Ponte do Porto ante un centear de seareiros. Colexiado: José Pérez do colexio galego. Sen complicacións.

ENCAIXE CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 23 ( 16 + 9 ): Ángela Moreira, Paula Pérez, Ana Barreiro, Ana Canosa, Cristina Blanco, Isabel Baña, Nerea López, María Oanes, Thiam Maimouna, Támara Cabrejo, Minia Calvo, Leticia Álvarez, Laura Castro, Águeda Antelo, Marta Canosa.

GOLDIE XIRIA 24 ( 11 + 13 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena, Alba Rodríguez, Támara Pombo, Natalia Solís, Jessica Posse, Saray Couto, Elena Segade, Sheila Ferreiro, Sandra Santos, Raquel Gómez, Zeltia Landeira.

O domingo, no Vila de Noia, enfrontábase o Goldie Xiria, ao Seis Do Nadal; unha das incógnitas deste partido, sería afrontar o estado físico das xogadoras, que viñan de poucos adestramentos en nadal e un partido o día anterior con bastante desgaste. Pero despois dun inicio dubitativo en ataque, o excelente labor defensivo das carballesas que manterían ao longo dos 60 minutos, dáballes unha vitoria sen paliativos fronte ás viguesas; por un claro 25 a 13.

Por tanto, catro puntos de catro posibles, que serven para dar un bo salto na clasificación xeral; onde esta primeira fase, termina a semana que vén o domingo en Vigo fronte ao líder Carballal.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros. Colexiado: Pablo Manuel Barreiro Suárez do colexio galego. Sen complicacións.

GOLDIE XIRIA 25 ( 11 + 14 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena (5), Alba Rodríguez (2), Támara Pombo (1), Jessica Posse (1), Saray Couto, Elena Segade (6), Sheila Ferreiro (1), Sandra Santos, Raquel Gómez (3), Zeltia Landeira (6).

BM SEIS DO NADAL COIA 13 ( 8 + 5 ): Antía Piñeiro, Sofía Sola, Anais Arnedo, Alba Martínez (2), María Guimarey (2), Yolanda Correa, María Montero, Claudia González (2), Ayelén Lioi (1), Sheila Alonso (2), Jennifer Alonso, Ainhoa Francisco (2), Sheila Rodriguez (2).