Garaysa e Punta del Este enfróntaronse entre si

Este domingo enfrontábanse no pavillón Vila de Noia os de equipos infantil feminino de Escolas Balonmán Xiria. Os dous equipos coñécense á perfección pois adestran xuntos, o que fai que estes partidos se xoguen sen ningún tipo de presión, co único obxectivo de seguir mellorando. Ç

 

Os equipos a estas alturas teñen obxectivos diferentes, o Punta del Este prepararse pra fase final entre os dous primeiros equipos da zona norte, e os dous primeiros da zona sur. O Garaysa para seguir a progresión dos últimos partidos, deixándonos claro que este equipo é capaz de aprender cada día algo novo.

 

Con estas premisas vimos a un Garaysa capaz de superar e avanzar a portería, conseguindo anotar máis goles que no partido de ida. En defensa era capaz de frenar as xogadoras do Punta del Este, pero cada vez que conseguían chegar a 9 metros eran superiores. Para o Punta del Este foi un partido no que as xogadoras rotaron por varios postos, buscando que todas sexan capaces de achegar algo positivo no posto que xoguen.

Ao acabar o partido os dous equipos fóronse xuntos de comida, para reforzar os lazos de amizade e seguir facendo equipo.

 

GARAYSA XIRIA 14 (7+7) Lucía Lema [p], Stefanía Landri (1), Uxía Suárez, María García , María Patiño, Coral Ruibal, Candela Couto (3), Natalia Cancela (4), Ana Pombo (2), Lara Hernández (4)

PUNTA DEL ESTE 36 (21+15) Elena Collazo [p],  Valeria Figueroa (2), Lucía España (5), Nerea Varela (2), Nina Pereira (6), Alba García (3), Lara Otero (5), Marta Gómez (6), Anna Hernández, Paula Bouzas (7).