GARAYSA XIRIA 16 – BUEU ATL. 7

06/02/2005 16ª XORNADA

Garaysa Xiria: Raquel, Juana ( 3 ), Paula ( 2 ), Marta ( 1 ), Yanin, Cristina ( 4 ), María ( 3 ) – equipo inicial – Uxía, Sheila ( 2 ), Adriana, Iria ( 1 ), Jessica, Fernanda.

Bueu Atl.: Sara, Susana ( 1 ), Vanessa ( 1 ), Alba, Laura ( 1 ), María ( 1 ), Almudena ( 1 ) – equipo inicial – Lucía ( 2 ), Nuria, Sheila, Noelia.

O equipo xuvenil feminino Garaysa Xiria reencontrouse ca victoria ante o Bueu acadando os dous puntos tras obter un resultado de 16 a 7 ( 8 – 5 no descanso ).

Traballada victoria do equipo carballés que non foi capaz de romper o marcador ata os dez minutos da segunda metade, momento no que impuxo definitivamente a súa mellor defensa e un ataque efectivo. Aínda así segue a arrastrar problemas na finalización que impiden demostrar a verdadeira diferencia entre os dous conxuntos.

O conxunto do Xiria pouco a pouco vai amosando o seu verdadeiro potencial, e aínda que con altibaixos, crece como equipo ó longo da competición, esperemos que de aquí o final da tempada a liña ascendente non pare e pouco a pouco mellore en aspectos como o lanzamento e o contraataque.

O colexiado Sr. José Pérez fixo unha labor aceptable.