GARAYSA XIRIA 18 – Alborada Carballal 4

12/03/2005 21ª XORNADA

GARAYSA XIRIA: Raquel, Paula ( 2 ), Sheila, María, Adriana, Marta ( 1 ), Juana ( 5 ) – equipo inicial – Iria ( 4 ), Uxía, Cristina ( 5 ), Fernanda ( 1 ), Jessica.

ALBORADA CARBALLAL: Maribel, Andrea, Ana ( 1 ), Patricia, Belén, Carmen, Laura ( 3 ) – equipo inicial – María, Nerea, Judit.

O Garaysa Xiria sumou dous novos puntos ante o Alborada Carballal despois de vencelo por 18 goles a 04, xa no descanso o electrónico reflectía un parcial de 07 – 02.

Foi suficiente para o Garaysa por na pista unha boa defensa para acadar os dous puntos ante un equipo que se estrelou continuamente contra as xogadoras carballesas, e cando eran quen de superalas non podía finalizar con éxito debido a actuación da porteira carballesa.

Unha lástima que o ataque non estivera ó mesmo nivel, xa que fallos de finalización e continuas perdas de balón por pasos e fallos de pase-recepción impediron que a diferencia no electrónico non fose máis ampla.

A vindeira xornada o Garaysa Xiria desprázase a Porriño para disputar a derradeira da liga galega xuvenil feminina.

Os colexiados Srs. Pedrido e Del Río fixeron unha boa labor.