GARAYSA XIRIA 24 – Bm. Chapela 29

02/04/2005 COPA 1ª XORNADA

GARAYSA XIRIA: Raquel, Paula ( 7 ), Sheila, Jessica ( 2 ), Adriana ( 4 ), Marta ( 6 ), Juana – equipo inicial – Iria, Uxía ( 3 ), Fernanda ( 2 ), María, Yanin.

BM. PORRIÑO: Noelia, Adriana ( 8 ), Alba, Begoña ( 2 ), Sandra ( 3 ), Cristina ( 6 ), Judit – equipo inicia – Estela ( 6 ), Deborah, Iria, Tamara ( 4 ).

O Garaysa Xiria caeu derrotado ante o Bm. Chapela no encontro correspondente a primeira xornada de Copa por 24 a 29, no descanso empate a 13.

Non puido conquerir o triunfo ante un rival que nos momentos cruciais do segundo tempo estivo mais atinado aproveitando os erros das carballesas que regalaron as últimas posesións. Ata ese momento a igualdade foi a tónica predominante con alternancias no marcador que non se ían máis aló dos dous goles para un e outro equipo. Cunha defensa que funcionaba ben as carballesas tiveron a iniciativa no segundo tempo ata que chegaron os derradeiros dez minutos, nos que o balón parecía queimar nas mans e supuxo a perda de tódalas opcións por parte das locais para se facer co triunfo.

O colexiado Sr. Martín Rodríguez fixo unha boa labor.