GARAYSA XIRIA 25 – Bm. Portadeza Lalín 23

23/04/2005 COPA 4ª XORNADA

GARAYSA XIRIA: Raquel, Paula ( 6 ), Sheila ( 3 ), Uxía ( 4 ), Adriana ( 5 ), Marta ( 3 ), Juana ( 4 ) – equipo inicial – Iria, Fernanda, María, Yanin, Jessica, Cristina.

BM. PORTADEZA LALÍN: Ana, Beatriz ( 4 ), Yolanda ( 5 ), Laura, Patricia ( 1 ), Cristina, Raquel ( 11 ) – equipo inicial – Carolina, Marta ( 2 ), Sandra, Elisabet, Lorena.

O Garaysa Xiria conqueriu a sua segunda victoria na competición de copa ante o Bm Lalín por 25 goles a 23. No tempo de lecer o electrónico sinalaba un apertado 12 – 11 a prol das carballesas.

De novo o equilibrio entre o ataque e a defensa foi fundamental para que as carballesas obtiveran os dous puntos nun partido que puideron ter roto e gañado por unha diferencia maior, pero no que as perdas de balón e a mala selección de lanzamento fixo que os derradeiros minutos foron de máxima intensidade.

A pesar de erros en ataque e en defensa o balance voltou a ser positivo debido a intensidade e as gañas de conseguir a victoria que amosaron durante os sesenta minutos as xogadoras do Garaysa Xiria, que en ningún momento deron as costas ó partido.

O colexiado Sr. Pallarés fixo un traballo correcto.