GARAYSA XIRIA 26 – Bueu Atl. Bm. 13

17/04/2005 COPA 3ª XORNADA

GARAYSA XIRIA: Raquel, Paula ( 3 ), Sheila, Uxía, Adriana ( 2 ), Marta ( 6 ), Cristina ( 7 ) – equipo inicial – Iria, Fernanda ( 2 ), María ( 1 ), Yanin, Juana ( 5 ), Jessica

BUEU ATL. BM.: Sara, Nuria ( 1 ), Sheila, Susana, Alba ( 2 ), Vanessa, Laura ( 1 ) – equipo inicia – María ( 1 ), Almudena ( 8 ), Lucía, Noelia.

O Garaysa Xiria conqueriu os dous primeiros puntos da competición de Copa ante o Bueu por un cómodo 26 a 13, no descanso a vantaxe xa era de 12 – 04.

Partido fácil para as carballesas, que sin facer unha excelente labor ofensiva ou defensiva, no que conseguiron un equilibrio entre aportación defensiva e ofensiva.

Xa dende o principio do encontro notouse que o cadro do Garaysa estaba centrado no traballo que tiña por diante e fruto desta intensidade foron as primeiras diferencias que foi marcando no electrónico e no xogo desenrolada na cancha. Ainda que apareceron os erros habituais non o fixeron na mesma proporción que as pasadas xornadas, e o traballo do equipo facía que as consecuencias deses erros puntuais desapareceran no conxunto do partido.

A vindeira xornada o Garaysa Xiria desprázase a Lalín para disputar a cuarta xornada o sábado as 18:30 horas.

O colexiado Sr. García Cortizo fixo unha boa labor.