GARAYSA XIRIA 27 – BM. TUI 22

Garaysa Xiria: Raquel, Jessica(2), Yanin(2), Iria(4), Juana(6), Paula(2), María(5), siete inicial, Cristina, Marta(2), Fernanda, Adriana(4).

Balonmán Tui: Yesenia, Patricia(4), Jessica(4), Sonia(7), Viviana(4), Eva(3), Mayra, siete inicial, Xina, Iria, Paula, Laura, Carolina.S., Carolina.N..

Terceira victoria do Garaysa Xiria na tempada ante un frouxo BM. Tui qen en ningún intre dou sensación de poder levarse o partido. Aínda así, as anfitrionas xogaron un dos seus peores encontros da campaña, xogo aloucado e descontrolado nos primeiros 25 minutos de partido o que as levou a ter que exprimirse nos 5 últimos minutos para irse ao descanso dous goles arriba, 12 a 10.

A segunda parte foi algo mellor, control sobre o marcador e o xogo, pero unha serie de erros non forzados poido poñer en apuros ao equipo Carballés, xa que as visitantes puxéronse a un só gol a falta de 8 minutos para o remate do partido e xogando en superioridade. Pero un tempo morto solicitado polo técnico Edu Orgaz, servíu de punto de inflexión e foi entón cando amosaron a casta que teñen as xogadoras locais, acadando un parcial de 6-2 para acabar impoñéndose por un cómodo 27 a 22.

Destacable actuación de Yanin defendendo no lateral esquerdo, ao igual que Iria, que cuaxou o seu peor partido pero soubo sobrepoñerse e reaparecer nos derradeiros minutos do choque, cando o seu equipo máis o necesitaba.