GARAYSA XIRIA 31 – C.B. TECHNOVÍDEO PONTEDEUME 22

10/12/2003 3ª XORNADA

GARAYSA XIRIA: Guillín, Niko, Norberto (2), Diego Díaz (2), Jesús (10), Joaquín (4), Manuel (9), Eloy, Oscar (4), Martín e Marcos.

CB TECHOVIDEO PONTEDEUME: Andrés, C.Alberto, Unay (10), Ismael (2), Enrique, Pablo (1), Emilio, Santiago (6), Bruno (2), Alexander, Javier (1).

O Garaysa Xiria de categoría cadete acadaba a súa segunda victoria ligueria en 3 partidos por un contundente 31-22. Comezou débil en defensa o equipo carballés e falto de actitude e concentración o que facilitou as cousas ó equipo visitante de Pontedeume que se adiantaba no marcador cun impensable 0-5. A partires de aí, e cun tempo morto solicitado polo adestrador local Fernando Vázquez, as cousas comezaron a trocar e o cadro bergantiñán foise acercando pouco a pouco no electrónico ata acadar unha vantaxe de un gol (11-10) no remate do primeiro período.

No reinicio, e con unha actitude totalmente distinta á da primeira metade, o equipo carballés foi sempre superior aumentando paulatinamente a vantaxe no marcador gracias á boa defensa e á contribución de Niko na portería que propiciaban rápidos contraataques e por outra banda no ataque estático a rápida mobilidade do balón e as penetracións de Jesús y Manuel, así coma os lanzamentos exteriores de Norberto e Oscar, favorecidos pola defensa mixta que o cadro de Pontedeume realizaba sobre Joaquín e que facía que os espacios fosen maiores.

0-4 / 2-7 / 4-9 / 6-9 / 9-9 / 11-10 /15-11 / 18-12 / 21-14 / 23-16 / 26-19 / 31-22
Nefasta actuación do colexiado David Rodríguez.