Golpe de autoridade do Punta del Este

Na mañá do domingo 18 disputouse no pavillón do Ceip Fogar un partido vibrante entre os dous primeiros clasificados da táboa, Punta del Este e Parrillada la Ronda Arteixo.  Esperábase moito deste partido e non desfraudou a ninguén, o partido gozou de intensidade, igualdade e emoción, todo isto para o goce dunha gran cantidade de afeccionados.

O partido comezou cunha velocidade moi alta, tendo que pedir os técnicos dous tempos mortos nos primeiros compases do partido. A tónica desde os primeiros minutos foi a igualdade, con pequenas vantaxes para un e outro equipo. En todo momento os ataques gañaban ás defensas, as xogadoras carballesas soen mostrar unha solidez defensiva que neste partido non se viu, deixaban recibir ás xogadoras visitantes en 9 metros e aí as de arteixo víanse superiores. Desta maneira chegabamos ao descanso con 10-9 no marcador.

A segunda metade seguiu os mesmos canles da primeira. En ataque as xogadoras carballesas era capaces de desbordar aos seus rivais e de atopar espazos para lanzar; o problema atopabámolo na defensa, moi pasiva, cedendo espazo aos poucos. Desta maneira o Arteixo soubo poñerse por diante no marcador, mantendo pequenas distancias ata os instantes finais. Foi nestes últimos minutos cando as nosas xogadoras volveron sacar o carácter ao que nos teñen afeitos. A falta dun minuto e perdendo dun gol conseguimos un penalti e dous minutos para a rival e, cando o Arteixo saca de centro a alta presión das carballesas propicia un roubo de pelota e posterior gol no contraataque. Arteixo tivo a última posesión de pelota pero non conseguiu chegar a situación de lanzamento. O final do partido foi un momento de liberación, pois despois un partido igualado conséguense os dous puntos nos últimos instantes do mesmo.

Este resultado consolida máis aínda ao Punta del Este no posto máis alto da táboa.

PARRILLADA LA RONDA RC ARTEIXO 24 (9+15) Candela Puga (3), Adela Areoso (4), Lara Parafita, Alexander (2), Marta Valderrama (4), Djana Dozo (2), Paula Valderrama(3) Lucía Ponte (2), Nerea Pose(2), Adriana Antonio, Fernández (2)

PUNTA DEL ESTE 25 (10+15) Elena Collazo [p],  Valeria Figueroa (2), Lucía España (3), Nerea Varela(6), Nina Pereira (3) , Alba García(4) , Lara Otero (7), Marta Gómez, Anna Hernández, Paula Bouzas.