Gran partido do Hierros Varela Urbieta diante do Balonmán Lucus

Hierros Varela Urbieta Xiria 28 – Balonmán Lucus 20 (15-13)

O Hierros varela Urbieta ofreceu 60 minutos de bo xogo e control de partido vencendo ao Lucus e asegurando o primeiro posto da clasificación do seu grupo da Segunda División.

Con moitas baixas e coa ameaza de perder o primeiro posto diante do seu rival, recibía o Xiria este domingo ao equipo lugués, pero os xogadores amosaron a súa madurez e saber estar na pista dende os primeiros minutos, cunha boa defensa estudando ao rival foron cada vez facendo que o Lucus vise menos opcións de chegar a portería rival.

Moi bo ritmo de balón en ataque, sabendo esperar as oportunidades e lendo moi ben a defensa rival , o que permitiu encontrar os mellores lanzamentos para conseguir gol. O Hierros Varela Urbieta soubo no tramo final do encontro controlar os tempos e incluso ir incrementando a súa diferenza co resultado final de 28 a 20 goles.

Hierros Varela Urbieta Xiria 28  (15): Julio Ferreiro (porteiro) Franco Rial 6, Diego Rodríguez 5, Carlos Varela 7, Paulo Collazo, Manuel Rama, Fernando Mallo 3, Xurxo Díaz 1, Alex Puñal 2, Roque Chao e Toni Calvelo 4.

Balonmán Lucus 20 (13) Brais García e Alejandro Muñiz (porteiros) Adrián Veiga 2, José López 2, Iago Núñez 1, Carlos Suárez 3, Jorge Atanes 1, Daniel Suárez 2, Carlos Gomez 2, Nicolás Núñez 3, DArío Rego 1, Sergio Rodríguez 2 e Lucas González 1.

Arbitrou: Pablo Barreiro, sen complicacións