Gran partido do Hierros Varela Urbieta para derrotar ao invicto Pabellón Ourense

Hierros Varela Urbieta Xiria 35 – Pabellón Ourense 34 (16-18)

Excelente encontro dos xogadores do Xiria que recibían a un Balonmán Pabellón, invicto ata o momento na Liga e en Copa. Os carballeses loitaron durante os sesenta minutos crendo na vitoria, o equipo foi a máis ao longo da temporada acabando a mesma ao seu mellor nivel.

A intensidade defensiva contra o ataque en posición do Pabellón, e sobre todo o gran repliegue defensivo ante as contras do rival foron dúas das claves da vitoria, coñecedores da velocidade do rival, o Xiria estivo moi atento nesta faceta. Onde tamén funcionou o Hierros Varela Urbieta foi no ataque, atopando solucións, optando pola mellor opción e sobre todo, con paciencia e elaboración combinativa.

Dominou no marcador o Pabellón, pero nunca distanciándose, pero en todo momento o Xiria víase que podía engancharse e loitar polo triunfo, como así foi na derradeira parte do encontro, onde as paradas do porteiro local Pedro Pena, propiciaban a remontada do Xiria, materalizando os seus compañeiros todas as xogadas de ataque ata ese 35 a 34 final.

Hierros Varela Urbieta Xiria 35 (16): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Carlos Varela 4, Aaron Rodríguez 2, Diego Rodríguez 9, Fernando Mallo 8, Franco Rial 3, Pablo Esmorís , Ivan Hernández , Alex Puñal, Xurxo Díaz 4 , Javi Rodríguez e Toni Calvelo 5.

Pabellón Ourense 34(18) Daniel Doniz e Raul Aldemir (porteiros) Alejandro Larada , Sergio Cruces1, José Colmenero 3, Pablo Romero 3, Luis Chacón 1, Pablo Carballo 8, Mario López 4, Miguel Fernández 1, Rául Aldemir , Martín Rodríguez 8 e Pablo Martínez 5

Arbitrou: Pedro Bermúdez, sen complicacións