Gran partido do Xuvenil Laber Xiria para derrotar ao Luceros

Laber Xiria 31 – Balonmán Luceros  22 (15-11)

Con gañas de amosar que teñen moito que dicir nesta liga, saíron ao terreo de xogo os xuvenís do Laber Xiria para enfrontarse ao Luceros, equipo clasificado por riba dos carballeses. Xa na primeira volta a vitoria en Cangas escapouse nos derradeiros minutos pero este sábado dende o inicio un superior Xiria dominou nos 60 minutos.

A baixa de Santi por lesión no centro da defensa, xogador que aporta envergadura e bo facer, foi suplida perfectamente por Roi Alfeirán e Pedro Pereira, que amosaron un nivel defensivo excelente acompañando a Fran Rey para que o 6:0 defensivo dos locais fose un muro diante do ataque do Luceros.

O acaparador do xogo de ataque do Xiria, Andrés Vila foi un pesadelo para a defensa rival, ben acompañado pola mobilidade dos seus compañeiros que aportaron en momentos delicados como a mixta ao zurdo carballés.

Foise distanciando o Laber no transcorrer do encontro, pero non foi definitivo o estirón no marcador ata a metade da segunda parte onde o Luceros foi cedendo ata ese 31a 22 final.

Importantes dous puntos que serven para seguir agarrándose a esa clasificación e dan moral ao equipo para futuros compromisos.

Laber Xiria 31 (15): Samuel Castiñeiras e Diego Lema (porteiros) Fran Rey 5, Andrés Urbieta 3, Manuel Sánchez, Andrés Vila 14, Roi Alfeirán 5, Renzo Díaz, Brais Vila, Iker Martínez, Iago Rincón, Dani Trigo 1 e Pedro Pereira 3.

Balonmán Luceros 22 (11): Ivan Malvido (porteiro) , José Cerqueira, Pedro cerqueira 2, Marcos Villar 1, Javier Figueroa 8, Ismael Alonso 1, Xian Prieto, Iker Piñeiro 1, Alexandro Darín, Eric Bermúdez 1, Marcos Villar 5, Javier Fernández, Carlos Veloso 3, Diego Martínez, David Fonseca e Pablo Giraldez.

Marcador cada 5 min: 4-1/ 5-3 / 9-5/ 12-7/ 13-9/ 15-11/ 17-14/ 17-16/ 22-16/ 26-18/ 28-20/ 31-22/

Arbitraron: Henrique Folgo e Pablo Barreiro, sen complicacións