Gran partido en Cangas do Laber Xiria para derrotar ao Luceros

Balonmán Luceros  22 – Laber Xiria 25  (11-10)

Segunda xornada e segunda vitoria do equipo xuvenil na Copa Federación. Medíase o Laber ao Luceros, dous equipos de envergadura no centro das súas defensas, que non ían a conceder nada ao rival, e así foi, as defensas impuxéronse nun choque duro que  se levou o Xiria por saber xogar mellor as súas bazas nos minutos finais.

A igualdade foi a tónica dende o inicio, moita mobilidade de balón para crear espazos nas defensas, e como consecuencia tamén moitas perdas de balón, xogo atascado e ambos equipos so xogaban por rachas.

Todo aberto na segunda metade, onde o Xiria puxo un pouco máis de fortaleza e intensidade na defensa, anulando completamente a ofensiva dos cangueses. Este feito xunco con boas decisións no ataque, atopando por onde conseguir gol con garantías nas derradeiras accións, daban a vitoria a un Laber que loitará por clasificarse para a Fase Final da Copa Federación, onde estarán os dous mellores de cada grupo.

Balonmán Luceros 22 (11): Javier Fernández (porteiro) , José Cerqueira, Pedro Cerqueira, Marcos Villar 3, Javier Figueroa 7, Ismael Alonso 4, Xian Prieto 1, Iker Piñeiro, Alexandro Darín, Eric Bermúdez 1, Carlos Veloso 4, David Fonseca 2e Pablo Giraldez.

Laber Xiria 25 (10): Samuel Castiñeiras e Diego Lema (porteiros) Fran Rey 7, Andrés Urbieta 3, Manuel Sánchez, Santi Oreiro 1, Andrés Vila 8, Roi Alfeirán 2, Renzo Díaz, Brais Vila, Alex Gómez 4, Dani Trigo e Pedro Mario Cancela.

Arbitrou: Inocencio Pérez, sen complicacións