Gran vitoria do Grupo Lemaco para pechar a liga na sexta posición

Grupo Lemaco Xiria 34  – SD Teucro 27 (18-13)

Era unha tempada difícil para o equipo cadete do Xiria, afrontaba a Liga co obxetivo de salvar a categoría de División de Honra, cun equipo moi novo, practicamente toda o súa planeilla con xogadores de primeiro ano, co que isto supón a estas idades. Un comezo de Liga dubitativo onde a envergadura do rival e a inexperiencia do Grupo Lemaco na categoría, supoñían partir con desvantaxe nos partidos, pero o equipo foi a máis semana a semana, e acabando a competición no seu mellor momento de xogo e estado físico, o que fixo dobregar a equipos similares con facilidade.

Como así aconteceu este domingo, que recibía ao equipo pontevedrés do Teucro, sobre do que pronto empezou a amosar o bo momento, con intensidade no 5:1 defensivo e con orden e contundencia no ataque sobre a defensa e portería rival. 18 a 13 con clara superioridade do Xiria nesta primeira metade.

Non baixou o ritmo defensivo o Grupo Lemaco, non permitindo ao seu rival achegarse no marcador. Movemento do equipo por ambos lados, no derradeiro encontro de liga, e un resultado final de 34 a 27, que deixa aos carballeses na sexta posición, un so punto do quinto clasificado, precisamente o Teucro.

 

Grupo Lemaco Xiria 34 (18): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 1, Alex Gómez 12, Pedro Pereira 11, Iago Rincón, Renzo Díaz, Franco Rial, Brais Vila, Andrés Urbieta 6, Xurxo Díaz, Paulo Collazo, Mario Rincón 2, Adrián Mesejo 2,  Manuel Varela e Diego Rodríguez

SD Teucro 24 (13): David Rodríguez e Lois García (porteiros) Juan Estévez, Gonzalo Domínguez 5, Juan Piñeiro 7, Sergio Pérez 1, Mario Chan 2, Daniel Gómez 2, Javier Codina 2, Tomás Omil 2, Juan Castro 1, Uxío Vieites 3, Mario Pérez 2

Marcador cada 5 min: 1-2 / 4-3/ 9-5 / 13-9/ 15-10 / 18-13/ 21-15 / 24-18 / 27-20/ 29-21/ 32-23/ 34-27

Arbitrou: Angel Mateos, ben, sen complicacións, excluíron a Pedro Pereira (2) polo Xiria e a Tomás Onil polo Teucro.

Agora a esperar pola competición de Copa onde o Grupo Lemaco aproveitará o seu estado de forma.

DSC_0103 DSC_0104 DSC_0105 DSC_0106 DSC_0107 DSC_0108 DSC_0109 DSC_0110 DSC_0111 DSC_0112 DSC_0113 DSC_0114 DSC_0115 DSC_0116 DSC_0117 DSC_0118 DSC_0119 DSC_0120 DSC_0121 DSC_0122 DSC_0123 DSC_0124 DSC_0125 DSC_0126