Gran vitoria do Punta del Este fronte o Camariñas

Xogaba este sábado día 5 o Punta del Este un partido aprazado a semana pasada por mor da incomparecencia do árbitro, mesmo árbitro nesta ocasión sí que acudiu o partido. O partido antoxábase igualado, máis ainda despois da vitoria das de Camariñas na ida desta copa.

Con este pretexto as xogadoras do Punta del Este saliron moi enchufadas o partido, practicando unha defensa moi presionante, capaz de asfixiar o ataque visitante. As xogadoras do Camariñas, sen ideas, comezaban a perder pelotas o que se convertía en rápidas contras do equipo carballés. Grazas a estas boas defensas e os contraataques o Punta del Este foi capaz de poñer distancia no marcador desde o inicio. O ataque tamén estaba raiando a un moi bo nivel, sendo capaces de darlle continuidade a pelota e entrando con todo nos espazos libres.

Na segunda parte o partido seguiu polos mesmo derroteiros, o Punta del Este seguía a facer unha defensa presionante que dificultaba os ataques das xogadoras de Camariñas. Pouco a pouco e gracias ó bo facer de todas as xogadoras que salían o 40×20 a distancia no marcador foise agrandando.

Moi bo partido das nosas xogadoras, que foron capaces de manter unha intensidade moi alta durante todo o partido.

PUNTA DEL ESTE XIRIA 33 ( 16 + 17 ): Elena Collazo [p], Valeria Figueroa, Lucía España, Nerea Varela, Lara Otero,Nina Pereira, Alba García, Marta Gómez, Anna Mª Hernández, Paula Bouzas, Catalina De Magalhaes, Lara Souto.

ENCAIXE CAMARIÑAS 17 ( 7 + 10 ): Claudia Santos, Carla Vigo, Lara Canosa, Cristina Mouzo, Andrea Rail, Lucía Barreiro, Lara González, Laura Sar, Alba González, Rosalía Alonso.