Hierros Varela Urbieta, novo colaborador das Escolas Balonmán Xiria

Hierros Varela Urbieta e Escolas Balonmán Xiria asinaron un acordo de colaboración e patrocinio polo que o segundo equipo cadete masculino, que competirá en segunda división (segunda categoría do balonmán tras a División de Honra), lucirá no seu nome e nas súas elásticas a marca da empresa carballesa ubicada no Polígono de Bértoa.

Dende Escolas Balonmán Xiria agradecer á dirección da empresa a confianza depositada no noso Club.

logo-hierros