Hugo Rodríguez “Chimpo” convértese na primeira fichaxe do Calvo Xiria

Hugo Rodríguez García “Chimpo” (Carballo 1987) é a primeira fichaxe do Calvo Xiria. O xogador carballés retorna así ao club bergantiñán logo de militar varias campañas no OAR Coruña, no que foi unha peza fundamental, a pesar de sufrir varias lesións, para o bo rendemento do equipo herculino.

Volve así un dos xogadores con máis calidade da categoría, lateral que destaca polo súa calidade no manexo do balón, a súa capacidade de salto a súa espectacular variedade no lanzamento.