I Día da Nai no Balonmán, o 3 de decembro

Escolas Balonmán Xiria organiza o “I Día da Nai no Balonmán” o  sábado 3 de decembro do 2016 no CEIP FOGAR.

No que será unha homenaxe ao balonmán feminino; Escolas Balonmán Xiria quere que as mulleres e nenas de Carballo gocen dunha experiencia inigualable, organizando un torneo de balonmán feminino entre nais e xogadoras, nunha xornada de convivencia, na que colaboran as xogadoras do equipo senior feminino, o Goldie Xiria, e as xogadoras das categorías base do Xiria.

Se eres muller e che gusta o deporte, ven a gozar do balonmán feminino.

Ven xogar ao balonmán; goza do deporte que practican as túas fillas e fillos e vive a súa mesma experiencia.

Programa:

– 11.30 h: Torneo de minibalonmán

– 13.00 h: Partido de Balonmán 7: Nais – Escolas Balonmán Xiria Base feminino

– 13.45 h: Partido de Balonmán 7: Escolas Balonmán Xiria Base Feminino – Goldie Xiria

– 15.00 h: Comida todos xuntos no comedor do CEIP Fogar

– 18:00 h: O partido de 1ª División Estatal Masculina que enfronta o Calvo Xiria co Granitos Ibéricos, no pavillón da Zona Escolar.

Ás participantes no evento, daráselles unha rifa para participar no sorteo que se celebrará durante o descanso do partido de 1ª. ¡¡FANTÁSTICO PREMIO!!

Por suposto, podes convidar a unhas amigas e as súas fillas a participar.

QUE NON CHO CONTEN!! VEN O BALONMAN!!

Balonmán Día da Nai VS2